Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cada europeo xera ao ano máis de dúas toneladas de residuos de construción e demolición



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A Unión Europea podería aforrar cada ano preto de 7.500 millóns de euros xestionando e utilizando mellor os materiais procedentes destes residuos, tendo en cuenta que o custo por tonelada é de 10 euros.


Co obxectivo de presentar o novo Protocolo de Xestión de Residuos de Construción e Demolición na UE e analizar as oportunidades de negocio que ofrece a xestión destes materiais, “transformando esta montaña de residuos nunha oportunidade económica e social”, expertos do sector e da Comisión Europea participaron en Madrid nunha conferencia que reuniu aos principaies actores do mercado para compartir boas prácticas e crear novas oportunidades.

Os residuos de construcion e demolición representan un risco para o medio ambiente e presentan auténticos desafíos para a UE. Para transformar a montaña de residuos que se xera nunha oportunidade económica e social, expertos do sector e da Comisión Europea elaboraron un protocolo, cuxas directrices se basean nunha análise efectuada por expertos na materia e pretenden axudar a maximizar a reutilización e o reciclado destes residuos en todos os estados membros, o que en última instancia beneficiará a todos os cidadáns. O obxectivo xeral desta iniciativa é aumentar a confianza no proceso de xestión dos residuos de construción e demolición, así como na calidade dos materiais reciclados procedentes de ambas actividades. Fomentando o mercado destes residuos poderían crearse miles de postos de traballo de calidade.

Para impulsar o crecemento do sector, é fundamental que exista unha economía circular da construción, mediante a demolición e posterior reconstrución con materiais creados a partir do reciclado de residuos. E non só se beneficiaría o sector da construción, xa que cada tonelada que se recicla implica unha tonelada menos de vertidos, o que xeraría evidentes beneficios para o medio ambiente.

Limitacións

O mercado en si non é novo, pero está limitado principalmente pola falta de confianza na calidade dos materiais reciclados procedentes dos residuos de construción e demolición, así como pola falta de coñecementos sobre os riscos que implican para a saúde dos traballadores que os utilizan. É posible aumentar a confianza no conxunto do ciclo de xestión dos residuos de construción e demolición mediante un marco no que a colaboración e a transparencia sexan os principios básicos e, polo tanto, é preciso garantir que cada elo da cadea sexa totalmente transparente e fiable, e se axuste a normas comúns. A máxima aspiración é modernizar todo o sector de construción e demolición, que é un dos que xera máis residuos en Europa, achegando beneficios e creando emprego no proceso.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)