Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os británicos buscan en Galicia experiencias turísticas diferenciadas, auténticas e de calidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A misión comercial impulsada polo Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres conclúe con máis de 25 encontros con turoperadores do mercado británico, entre os que predomina o interese polo patrimonio, a natureza, a gastronomía e o Camiño de Santiago.


Este é o perfil que atoparon os 30 empresarios galegos que viaxaron na misión comercial que o Clúster Turismo de Galicia organizou por cuarto ano consecutivo e da man de Turismo de Galicia á cita londinense, un dos máis importantes encontros para o sector turístico a nivel internacional e que hoxe conclúe na capital británica.

En total axendáronse máis de 25 encontros profesionais, ademais dos propios que desenvolveron os empresarios desprazados á feira, que mantiveron contactos con representantes de OTA’s e turoperadores que buscan profundizar na oferta galega con paquetes turísticos orientados cara o turismo cultural e de natureza, abrir novos tours ou profundizar nos contactos iniciados en edicións anteriores da feira.

Moitos dos profesionais que se achegaron ata o espazo de reunións que o Clúster Turismo de Galicia xestionou no stand de Galicia interesáronse tamén por slow travel e turismo deportivo (surf, esquí, BTT, buceo, senderismo, trekking...), sen esquecer as experiencias culturais. Estes encontros profesionais serviron tamén como primeira toma de contacto para aqueles que queren comezar a traballar con Galicia buscando destinos auténticos que poidan ofrecer experiencias diferentes e de calidade vinculadas á España Verde e ao turismo sostible, que estivo moi presente nesta edición da feira.

“En boa medida continuamos traballando os contactos iniciados en anteriores edicións, afianzando relacións, abrindo novas vías de colaboración e ampliando produtos turísticos”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, que destacou a importancia de traballar cun mercado maduro como o británico, que busca un turismo especializado e de calidade. O mercado británico é o sexto mercado internacional para Galicia e experimentou este verán un crecemento do 3% no número de pernoctas respecto ao mesmo período de 2016.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)