Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os maiores de 50, cada vez máis presentes en internet



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Á parte de gastar máis procuran tamén consello, e valoran as prestacións antes de realizar a compra. Nesa franxa de idade as mulleres conéctanse máis a través do móbil que os homes.


Malia que desde hai anos fálase da fenda dixital que existe entre as distintas xeracións esta realidade cambia: datos recentes de Eurostat indican que en España pasouse dun uso do 12% da internet dos maiores de 55 anos en 2005, a nada menos ca un 56% en 2016, a xente vai cumprindo anos tamén e a rede leva con nós máis de 25, así que o lóxico é que a medio prazo todos esteamos xa máis ou menos dixitalizados.

Un estudo realizado por ManoMano.es -marketplace de bricolaxe e xardinería- confirma esta tendencia a través dunha análise dos seus usuarios, na que se demostra que esta xeración está cada vez máis presente no mundo online. Para iso analizou os datos de 1 millón de visitas únicas mensuais realizadas entre xullo de 2016 e xuño de 2017, centrándose nos maiores de 50. Un dos datos máis destacables é que no último ano aumentou un 30%. Cabe destacar que a maioría de persoas que comprende esta xeración fan a maioría das súas compras a través do computador e non a través de dispositivos móbiles.

Quen son os máis dixitalizados?

Son os senior de Asturias, Aragón, A Rioxa e País Vasco. En cambio, nas cidades máis grandes, como Barcelona e Madrid, é onde contan con menos representación, alí son moito máis activos os usuarios de entre 18 e 45 anos. En canto ao xénero hai diferenzas: en ManoMano.es hai máis usuarios homes que mulleres, pero elas conéctanse máis a través de móbiles, un 64% fronte ao 44% de homes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)