Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco claves para fomentar a produtividade profesional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



España sitúase no posto 44 de 130 países en termos de produtividade dos traballadores, segundo o ranking do Foro Económico Mundial. Para escalar postos, cómpre asegurar o axeitado aproveitamento do capital humano.

Conseguir altos niveis de produtividade é un dos grandes retos aos que se enfrontan as compañías hoxe en día. Spaces, empresa adicada á xestión de espazos de traballo que promove unha comunidade dinámica para emprendedores e empresas, sinala cinco claves para fomentar a produtividade laboral entre emprendedores e profesionais:

1.- Despídase do “presentismo laboral”. Non por facer máis horas traballará máis nin será máis produtivo. Nalgunhas empresas españolas aínda existe unha cultura do “presentismo laboral”, se ben é certo que os novos profesionais millenials están instaurando unha forma de traballo moito máis innovadora e flexible. Nun mundo no que as necesidades laborais son cambiantes, cómpre apostar por un modelo de traballo que permita a conciliación laboral coa vida privada. Está demostrado que os modelos de conciliación familiar favorecen o rendemento dos traballadores, por tanto, siempre que o seu traballo o permita, aposte por un horario de traballo flexible que lle permita gozar do seu tempo de ocio e non pase máis horas das necesarias no seu posto de traballo.

2.- Racionalice o seu horario de traballo. Programe as súas horas de traballo diarias con descansos, estableza unha axenda de tarefas engase a ela para cumprir os deadlines diarios. Ser produtivo non significa traballar durante un longo período de tempo sen descansar. De feito, as pausas durante o horario de traballo non son un capricho, senón unha necesidade que axudará a mellorar a produtividade laboral e a evitar situacións de estrés. Deixe uns minutos de descanso entre tarefa e tarefa, e aproveite para estirar os brazos e as pernas ou para tomar un café.

3.- Evite distraccións. Un dos maiores inimigos da produtividade laboral son as distraccións durante as horas de traballo. Se traballa nunha oficina fixa, é posible que destine máis tempo do que debería a navegar polas súas redes sociais persoais. A mellor maneira de esquivar estas distraccións é pechar todas as sesións das súas contas en redes sociais, gardar o teléfono móbil e reservarse un momento do seu descanso para facelo, por exemplo, durante a hora do xantar.

4.- Traballe en equipo. Colaborar con outros profesionais sempre aumenta os niveis de produtividade nunha organización. Traballar rodeados doutras persoas fai que configuremos unha rede social moi importante nas nosas vidas que vai influír fortemente na produtividade laboral. Ademais, está demostrado que traballar xunto a outros profesionais fai que o empregado cree novas conexións con outras persoas con formas de pensar diferentes e pense dunha maneira moito máis aberta, sendo máis creativo e eficiente no seu posto de traballo.

5.- Elixa ben o seu lugar de traballo. As oficinas tradicionais, habitáculos pechados de catro paredes, son un concepto de oficina que xa non encaixa coas novas formas de traballar. Agora, os espazos abertos que favorecen a interconexión entre os diferentes departamentos, ou open spaces, son os lugares de traballo máis recomendados para xerar un ecosistema de innovación e crecemento no que os profesionais poidan interactuar, colaborar e aprender. Os lugares de traballo máis inspiradores para os españois son aqueles que xeran unha contorna moderna, agradable e completamente equipado coas últimas tecnoloxías. Cando un grupo de profesionais traballa en espazos confortables, nos que poden manter unha reunión informal e relaxada, adoitan ser máis propensos a xerar ideas creativas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)