Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As novas empresas gacela pertencen a sectores tradicionais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Comercio e servizos concentran a metade da actividade das compañías que máis medraron, seguidos de industria e construción. La cifra de negocio destas sociedades aumentou un 1.090% en tres anos, o resultado neto un 1.370% e o de explotación un 3.046%.


As empresas españolas de recente creación que máis medraron seguen operando maioritariamente en sectores tradicionais como o comercio, a alimentación, a hostalería ou a construción. Só unha minoría delas operan nos máis innovadores, como o e-commerce, as TIC ou a biotecnoloxía, segundo se desprende do “Ranking 2017 de Empresas Gacela Emprendedores” elaborado por Iberinform.

En pleno boom das startups tecnolóxicas, deberiamos esperar que as novas iniciativas empresariais máis exitosas xurdisen en novos sectores. Pero non. Os sectores tradicionais copan máis do 50%, seguidos de industria, construción, alimentación, transporte, enerxía, agricultura e gandeiría. Respecto da ubicación das 374 empresas gacela identificadas en España, non se detectan grandes diferenzas con respecto ao panorama xeral. As provincias que acumulan un maior número de gacelas son Madrid e Barcelona (68 e 55, respectivamente). Por debaixo destas destacan Valencia (30 empresas) e Alicante (29), e a maior distancia Sevilla (18), Murcia (14) e Zaragoza (12).

Outros factores claves destas compañías que detecta o estudo son o significativo incremento das súas marxes comerciais, mellores condicións de cobro e a eficiencia do seu equipo humano: a marxe sobre vendas conxunto, do -1,7% en 2012, subiu ao 4,1% tres anos despois; o prazo medio de cobro reduciuse de case catro meses en 2012 a mes e medio, e as vendas por empregado duplicáronse no trienio analizado, a pesar de que todas aumentaron os seus cadros de persoal. En total, as empresas gacela detectadas tiñan contratados a 9.350 empregados no seu último exercicio dispoñible.

Este ranking está formado por un total de 374 compañías que entran dentro da catalogación de empresa gacela: menos de cinco anos de vida, un cadro de persoal de is de 10 empregados, crecemento a un ritmo superior ao 20% anual en tres anos consecutivos e cifra de negocio de máis de medio millón de euros no último exercicio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)