Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A maioría dos pedidos de comida en España son de cociña internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A comida española ocupa o sexto posto entre as máis pedidas a unha coñecida empresa de comida a domicilio. O ano pasado ocupaba a quinta posición, pero o aumento dos pedidos de comida mexicana relegouna do top 5. A “mesa” máis popular é de orixe norteamericana, italiana, xaponesa, thai e mexicana.


Hai xusto dous anos que Deliveroo entregaba o seu primeiro pedido en España: unha hamburguesa. Naqueles días a compañía traballaba só con catro riders e 60 restaurantes. Hoxe aumentou os seus pedidos un 550% e celebra segundo aniversario achegando datos sobre o que pide a xente neste país: xa traballa con máis de 1.000 riders e 2.000 restaurantes.

Dentro da comida americana, a empresa de orixe británcia segura que "os españois adoitan preferir a clásica hamburguesa con queixo e bacon ou a clásica steak burger de Steak Burger en Madrid". Pero o 20% dos restaurantes asociados a Deliveroo en Barcelona e Madrid son de comida española. De todos eles, os pratos máis pedidos polos españois son a tortilla de pataca, as croquetas caseiras de xamón e polo e as patacas bravas. En canto ás opcións para gozar da comida mexicana no noso país están a crecer e dentro do ranking dos pratos máis populares en España, e a maiores  doce sempre adoita ser unha boa opción e nos últimos 12 meses, os pedidos de sobremesas aumentaron un 120%: caixa de pasteliños, xeados de vainilla ou pastel de chocolate.

Como a preocupación polo medio e o trato aos animais é sabido que gaña adeptos nótase só no último ano, Deliveroo recibiu un 160% máis de pedidos de comida vegana en España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)