Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios ferroláns apostan polo Polígono das Somozas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Unha comitiva da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) visitouno esta semana para coñecer de primeira man as súas potencialidades e atraer empresas á zona. Alí pediron que se axilice a fibra óptica.


A comitiva, encabezada polo presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, foi recibida no Concello das Somozas polo alcalde, Juan Alonso Tembrás, e polo presidente da Asociación de Empresarios das Somozas, Enrique Guerreiro, que foron os encargados de guiar aos empresarios ao longo dunha xornada que serviu para intercambiar necesidades, demandas e trazar liñas de traballo común.

Tras a recepción no concello, a comitiva visitou o solo industrial dispoñible para acoller a instalación de futuras empresas. O Polígono Industrial das Somozas, inaugurado en 1994, ofrece na actualidade unha parcela con máis de 500.000 metros cadrados dispoñibles que permitiría albergar unha grande empresa. Esta característica diferénciao da maioría de polígonos industriais, dada a dificultade que existe para atopar parcelas de tanta extensión.

A continuación, os empresarios coñeceron as tarefas que se desenvolven nas empresas asociadas Ingarol e Xiloga, ubicadas no polígono. Nunha reunión mantida como colofón á xornada de traballo, a Asociación de Empresarios das Somozas pediu o apoio de Cofer para instar á Xunta a axilizar a instalación da fibra óptica no polígono. Por último, os empresarios ferrolán comprometéronse a colaborar no desenvolvemento dun plan de formación no municipio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)