Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 25% dos consumidores asegura que pagaría máis por envíos inmediatos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O e-commerce transforma procesos de compra, formas de pago e tamén entregas, que cada vez quérense máis rápidas. E para gañar visibilidade as empresas traballan por ofrecer maiores comodidades. Entre as estratexias das grandes está, por unha banda, baixar da nube online para abrir tendas físicas, e pola outra, trasladar os grandes almacéns do arrabalde ao centro da cidade.


Por exemplo, Aliexpress abría este días o seu pop-up store en Madrid, mentres outros grandes xa se instalaron no centro e fan envíos en 2 horas. Segundo datos recolleitos polo marketplace de transportes Furgo, o 98% dos millennials reclama a compra rápida, e en Estado Unidos o 52% dos retailers xa ofrece o envío exprés.

Este Marketplace recolleu datos que indican como os consumidores cren que deberían ser as entregas dos seus pedidos online. Segundo asegura, “os envíos inmediatos son a clave para adaptarse ao consumidor, que compra en función do tempo de envío”. Como consecuencia, en países como Estados Unidos o 52% dos retailers que operan no mercado xa ofrecen entregas same-day, no mesmo día da compra.

Máis aló de incrementar o volume de vendas é necesario ofrecer envíos inmediatos para  unha maior fidelización de clientes, menor abandono de carriños, simplificación de procesos e menos reclamacións. Segundo explica Javier Sánchez-Marco, CEO e cofundador de Furgo, “ata agora un gran número de entregas a domicilio resultan erradas porque o cliente atópase ausente, o que pode afectar á calidade do produto e aumentar o número de chamadas, reclamacións e devolucións”. Todo isto representa unha gran dificultade para España, xa que é o 5º país no ránking de consumo de e-commerce en Europa, cunha taxa de crecemento do sector superior ao 10% anual, pero con baixa eficiencia loxística.

A maior demanda de produtos que requiren entregas exprés está no sector tecnolóxico e de moda. Pero, que pasa cos envíos de grandes volumes? Pois o mesmo, porque ata o de agora as compras de mobles e electrodomésticos respondían a unha necesidade e unha de decisión estudada; pero agora, os consumidores fan presión para conseguir envíos inmediatos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)