Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os premiados da comunicación e o 'marketing' galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Traballos impactantes, de calidade, e creativos foron recoñecidos nun día para homenaxear aos centos de profesionais que viven por e para este mundo en Galicia e que son quen de crear identidades, mensaxes e eslóganes con pegada. O Clúster da Comunicación de Galicia entregaba a tarde do venres en Expourense os II Premios Premios Paraugas.


Ás 16 categorías que se estableceron optaron máis de 250 candidaturas, “un éxito de participación” dixo presidente do Cluster, Xosé Luis Reza.

En marketing, o galardón á Mellor Estratexia/Acción de Branding foi para a empresa Rodman Polyships (Connectedby Vodafone NB-Io-) polo seu proxecto Connecting Over Seas; o premio á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente foi para La Voz de Galicia pola súa política de fidelización e retención de clientes e a distinción á Mellor Estratexia de Acción/Produto foi para Estrella Galicia polo lanzamento da súa nova liña de produtos Fábrica de Cervexas.

No eido da creatividade, levou o Premio á Mellor Creatividade Gráfica a axencia BAP & Conde pola súa campaña "Medo a quedar sen datos" para R, mentres que a Mellor Creatividade Audiovisual foi para a empresa de comunicación gráfica Tony LeBrand pola campaña "Clickfer, sabemos o que levas dentro". Finalmente, o Premio Paraugas á Mellor Creatividade no Uso dos Medios quedou deserto.

Comunicación

Entregouse un primeiro premio á Mellor Estratexia de Comunicación Externa, que foi a parar a LaMarck Publicidad pola súa campaña "El juego de las ETS" para o Colexio de Farmacéuticos da Coruña, mentres que a distinción á Mellor Estratexia de Comunicación Interna foi para Punto GA Comunicación pola campaña "Equipo con Impulso". Xunto a eles, o Real Club Deportivo de La Coruña fíxose co Premio Paraugas á MellorPráctica de Comunicación en RSE pola súa "Memoria de Sustentabilidade GRI G4".

En deseño tamén había tres categorías. A primeira, a de Mellor Deseño Gráfico, premiou o proxecto "Identidade Gráfica CoLab" da empresa Describir. A segunda, o galardón ao MellorDeseño Industrial, foi para Cenlitrosmetrocadrado por "Global Refuge" e finalmente, o Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital e Interactivo recaeu na empresa Deseños polo portal web realizado para Afundación.

Artes Gráficas e Editorial

Gañou Tórculo Comunicación Gráfica o Premio ao Mellor Libro de Arte pola obra"Unha mirada de Antano.Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia". Xunto a ela, o galardón ao Mellor Catálogo Publicitario foi para Gráficas Anduriña por "Complementos CH 2016/2017" e o Premio ao Mellor Álbum ou Libro Infantil recaeu en Nova Galicia Edición por "Manual de Bullying". Finalmente, o Premio Especial á Idea Integrada ou Crossmediar recae na campaña "A Rapa das Testas" de Hijos de Rivera.

Ademais, catro profesionais de recoñecido prestixio recibiron cadanseu premio honorífico por unha traxectoria ligada ao ámbito de comunicación ou por desenvolver boas prácticas neste eido. Foron o presidente do Consello Reitor de Gráficas Anduriña SCG, Carlos Docampo, polos 35 anos de traxectoria desta empresa; José Luis Zamorano, o creador de axencias de publicidade míticas como Tándem ou Contrapunto; Pepe Barro, un histórico do deseño galego, e o CEO de Martín Códax, Juan Vázquez, un gran directivo moi vinculado ao mundo do marketing e da comunicación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)