Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha muller referente para as novas xeracións femininas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A bióloga galega Marisol Soengas recolleu onte o galardón Executiva 2017 agradecendo o recoñecemento por proceder dun “colectivo de mulleres moi activo á hora de crear redes de apoio para as emprendedoras”.


A directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), recibiu o premio que concede a Asociación Executivas e que se entregou no V Foro da Comunicación de Galicia. Este galardón quixo recoñecer a traxectoria desta investigadora na súa liota contra o melanoma e a súa contribución a dar visibilidade ao importante papel da muller na Ciencia.

Marisol Soengas agradeceu este premio e valoró que o conceda un amplo colectivo de mulleres “moi activo á hora de crear redes de apoio para as emprendedoras, colectivo ao que agora pertenezo para achegar neste importante e necesario labor que é que se vexa e se valore o traballo feminino, eis no eido das ciencias, onde as mulleres somos cada vez máis”.

Carla Reyes, presidenta de Executivas, destacou pola súa banda o carácter emprendedor de Marisol Soengas, que compaxina as súas investigacións coa dirección do Departamento de Patoloxía Molecular e coa posta en marcha dunha empresa orientada ao desenvolvemento de novas terapias antitumorais e coa fundación MEL para asesorar a pacientes con melanoma, pero tamén a súa humildade e a súa pasión pola divulgación. “Cremos que é esencial que a sociedade coñeza o que fan mulleres como Marisol Soengas na investigación científica co fin de rematar con determinados estereotipos neste sector, cunha imaxe principalmente masculina. Os importantes logros conseguidos pola nosa premiada e a súa enorme proxección profesional premítennos dar pasos neste sentido, xa que é unha referente para as novas xeracións femininas”, sostén.

Doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid, Marisol Soengas iniciou a súa etapa de investigadora en Estados Unidos, no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York e na Universidade de Michigan. En 2008, regresou a España ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas. Executivas de Galicia valorou este percorrido profesional e o seu labor ao frente dos investigadores do CNIO, que identificaron un composto sintético capaz de desencadear a destrución masiva das células do melanoma, abrindo camiños esperanzadores de cara á consecución dun tratamento eficaz. As máis prestixiosas revistas científicas como Cancer Cell, Sciencie ou Nature publicaron máis de medio cento de traballos e investigacións do seu equipo.

O galardón consistiu nunha escultura do artista galego Miguel Couto, denominada “Fémina”, coa que reflexiona sobre o trunfo persoal da muller.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)