Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Recoñecemento ao talento emprendedor



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



AJE Vigo entregará os seus XII Premios Mozo Empresario e Mozo Emprendedor o próximo 13 de decembro no transcurso dunha gala que se celebrará no museo Marco. O prazo para presentar candidaturas remata o 30 de novembro.


Os Premios Mozo Empresario e Mozo Emprendedor, que como cada ano organiza a Asociación de Mozos Empresarios de Vigo, outorgan, ademais de galardóns a estas dúas categorías, tres accésit a proxectos que destaquen pola súa innovación, a súa calidade ou pola súa implicación en RSE (Responsabilidade Social Empresarial).

Á presentación en rolda de prensa dos XII Premios Mozo Empresario e Mozo Emprendedor, celebrada onte, asistiron Alejandro Cabo, presidente da asociación; José Antonio Redondo, responsable da empresa Óptima Cleaning, que gañou o Premio Mozo Empresario 2014, e Santiago Salgueiro, que se levou o de 2013 como propietario de La Pepita Burger Bar.

Para o Premio Mozo Empresario, o candidato ten que ser menor de 41 anos e deberá ser o propietario maioritario ou ter unha participación superior ao 20% da empresa. A sociedade debe de estar constituída antes do 1 de xaneiro de 2017. O premio ao que opta o gañador é unha cantidade en metálico, un bono para un programa de formación valorado en máis de 3.000 euros, ofrecido por Ieside; un diagnóstico e dirección financeira para a empresa durante seis meses, valorado en 4.000 euros, da man de INFI Consultores, e acceso á base de datos de Ardán durante un ano.

Ao Premio Mozo Emprendedor poderán optar os candidatos que non superen os 41 anos cun proxecto con sede social en Galicia. O proxecto presentado a esta categoría debe estar a punto de poñerse en marcha ou ben debe ser unha empresa constituída despois do 1 de xaneiro de 2017. O gañador opta a un plan de viabilidade valorado en 1.700 euros realizado por INFI Consultores, un ano de aloxamento gratuíto e asesoría nun dos viveiros de empresas de Zona Franca de Vigo (Porto do Molle, Baiona ou A Granxa).

Pola súa banda, os accésits tamén recibirán un bono equivalente a un plan de formación por cortesía de Ieside. As bases e os formularios para presentarse pódense descargar en www.ajevigo.es.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)