Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os postos de traballo ofrecidos en outubro en Galicia medran un 39% respecto a 2016



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



En total ofrecéronse 11.437 polos 8.252 do mesmo mes do ano pasado. Sen embargo, en España o crecemento foi maior xa que se recolleron 293.211 vacantes de emprego, cun incremento interanual do 42,7% e 87.685 postos máis.


Os postos de informática e telecomunicacións son os que ofrecen mellores oportunidades de emprego en España, atendendo ao nivel salarial, o volume de ofertas e á competencia por vacante (número de inscritos por vacante). En outubro, o portal de emprego InfoJobs recolleu un total de 33.933 postos de TI, 4.780 puestos máis que no mesmo mes de 2016. Outros sectores que tamén se comportaron positivamente son os de comercial e vendas, atención a clientes e compras, loxística e almacén, acumulando entre os tres case unha de cada dúas ofertas de emprego na plataforma (o 47,7%). En concreto, comercial e vendas concentrou o 20,7%, atención a clientes, o 13,8%, e compras, loxística e almacén, o 13,2%. Comparando a oferta de emprego en outubro cos niveis rexistrados o mesmo mes do ano anterior, aumenta o número de vacantes en practicamente todos os sectores.

En relación ao tipo de contrato, InfoJobs recolleu durante o mes de outubro un total de 57.768 vacantes de contratación indefinida. Esta modalidade representa un 19,7% do total de vacantes publicadas e é un 29% maior con respecto a outubro de 2016. Pola súa banda, os contratos de duración determinada representaron en outubro o 22,7% do total das ofertas (66.426 postos de traballo), mentres que o 12,5% correspondía a outras modalidades contractuaies, con 36.664 postos de traballo.

En canto ao tipo de xornada que se ofrece, entre os postos de traballo que se ofreceron en outubro destaca o peso da xornada a tempo completo, que representou o 55,9% do total de vacantes publicadas na plataforma. Ao mesmo tempo, as vacantes para empregos a tempo parcial representaron o 20,5% do total e só o 4,9% dos postos de traballo ofrecía realizar xornada intensiva.

Perfil e preferencias dos candidatos

En total se inscribiron nas ofertas de traballo publicadas por este portal durante o pasado mes 1.075.420 candidatos, dos que o 40,4% indicaba ter estudos universitarios e o 27%, un ciclo formativo. No que respecta ao seu nivel laboral, obsérvase que o 59,1% dos candidatos inscritos en outubro ocupaba ou traballaba en posición de empregado, o 9,5% tiña cargo de especialista e o 7,8% eran mandos intermedios.

En canto ás preferencias destes candidatos, os usuarios da plataforma manifestan preferir os postos de traballo de contratación indefinida. En concreto, en outubro, o 77,1% dos candidatos incluía entre as súas preferencias esta modalidade contractual. En contraposición, só un 19% dos usuarios de InfoJobs manifestaba preferir un contrato de duración determinada.

Xornada completa

Por outra banda, e en canto ao tipo de xornada laboral que se vaia realizar, o 43,3% dos candidatos inscritos en outubro afirma que lle resulta indiferente. Entre os que si teñen algunha preferencia, o 35,5% dos inscritos en outubro decantábanse pola xornada completa. O 12,3% das persoas inscritas nalgunha oferta escollerían a xornada intensiva, na súa maioría de mañás. Mentres que o 8,9% restante preferiría traballar a tempo parcial, principalmente en horario de mañá (4,4%).

No mes de outubro, o 65,9% das ofertas de emprego canalizadas a través de InfoJobs ubicábanse en Cataluña (con 88.555 postos de traballo ofertados), a Comunidade de Madrid (82.586 vacantes), e Andalucía (21.390 vacantes). Ao mesmo tempo, se analizamos a variación interanual, Aragón é a comunidad autónoma que experimentou un maior crecemento de vacantes respecto a outubro de 2016 con 5.754 vacantes máis (crecemento do 107%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)