Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Décimo aniversario en Galicia de Avante Medios



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A delegación galega de Avante Medios conta na actualidade cun equipo de 15 profesionais multidisciplinares, talento 100 % galego repartido entre as oficinas de Santiago, A Coruña e Vigo. O seu director, Alfonso Boullosa asegura que son "os matemáticos da publicidade, os Math Men". 


A delegación galega da axencia de medios independente con maior rede de oficinas en España abriu as súas portas en 2007, coincidindo cos inicios dunha crise económica que trouxo consigo importantes recortes nos orzamentos dos departamentos de publicidade e marketing. A pesar diso, Avante Galicia conseguiu combater e superar os vaivéns do mercado e, tras unha década de traballo en constante evolución, hoxe lidera o mercado galego da xestión e contratación de medios, planificando, optimizando e executando as campañas publicitarias de moitos dos principais anunciantes da nosa comunidade

Alfonso Boullosa, director de Avante Noroeste asegura que a súa "maior fortaleza é a capacidade de asesorar as marcas para rendibilizar ao máximo o investimento en medios, por pequena que sexa". Boullosa describe o seu método como "análise, ferramentas, datos, planificación e, sobre todo, moita medición" e describe o seu equipo como "os matemáticos da publicidade, os Math Men".

Esta filosofía permitiu a Avante adaptarse ás necesidades e requirimentos reais das marcas e consolidarse como líderes nun mercado que antes estaba dominado polas tradicionais centrais de medios. "Tras sete anos operando nun mercado en crise fixémonos fortes e agora estamos moi ben preparados para afrontar a situación de 'normalidade' que xa vive o sector publicitario", explica Boullosa. 

10 anos evolucionando cos medios en Galicia

É o slogan co que queren conmemorar o seu décimo aniversario en Galicia e mostrar que no seu ADN corporativo destaca a adaptación continua aos cambios. Neste eido destacan o teren sido pioneiros na aplicación das últimas tendencias en planificación publicitaria, utilizando sempre as máis novas ferramentas de marketing dixital ou innovando, por exemplo, coa contratación de espazos en novos medios como a compra programática. 

Entre as accións corporativas planificadas para celebrar estes 10 anos de liderado en Galicia destaca o patrocinio da gala de entrega dos II Premios Paraugas de Comunicación e Márketing, celebrados o pasado venres 10 de novembro en Expourense. 

O panorama publicitario en Galicia

Aínda que os chamados medios convencionais seguen resistindo o empuxón da Internet mellor que no mercado nacional, a atención dos directores de márketing vai ao medio online. Segundo o último Panel de Márketing de Galicia, elaborado por Avante xunto con Markea e Iuni, o 46% do orzamento de márketing en 2016 destinouse a contratación de medios convencionais e previuse entón que esta porcentaxe sería maior ao peche deste ano 2017. Este estudo tamén constatou que as marcas teñen a idea de que Internet é o medio máis eficaz.

Con todo, para algúns anunciantes a prensa, o segundo medio en eficacia, resulta esencial xa que segue sendo a súa forza de vendas. En canto a planificación publicitaria, cada vez hai máis obsesión pola medición de resultados e o futuro inmediato é a automatización do márketing e o uso de intelixencia artificial ou aprendizaxe automática na toma de decisións. Isto é xa unha realidade en Galicia e nin a publicidade nin empresas como Avante son alleas a iso. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)