Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preto de 4.000 galegos vense afectados polas hipotecas multidivisas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A cifra equivale a arredor do 10% do total deste tipo de produtos comercializados en España e o diñeiro aboado indebidamente en Galicia por este concepto podería ascender a 8.000 millóns de euros.


As hipotecas multidivisas, vendo as cifras de afectados, posiblemente non sexan o produto cun maior índice de comercialización, pero ao realizar o cálculo do aboado indebidamente a situación varía: segundo Carlos Tomé, socio do despacho Caruncho, Tomé & Judel, “no despacho estamos vendo que en ocasións o aboado indebidamente pode chegar a superar os 200.000 euros. Este tipo de hipotecas vendeuse como unha oportunidade de negocio, pero tiñan unha letra pequena que non se explicou aos clientes, e como resultado nos atopamos a milleiros de persoas debendo ao banco moito máis diñeiro do que recibiron como préstamo”.

En Galicia hai dúas entidades bancarias, sobre todo, que pola súa cota de mercado na comunidade autónoma venderon este tipo de hipotecas aos seus clientes: en primeiro lugar, Banco Popular, e en segundo, Bankinter. As características á hora de realizar as ofertas aos seus clientes é común e así o certificou o Tribunal Supremo: “estas hipotecas son derivados financeiros vendidos mediante estratexias comerciais enganosas e sen a mínima información obrigatoria”.

Este tipo de hipotecas subscribiuse normalmente en iens xaponeses ou francos suizos para aproveitar os tipos de xuro máis baixos desas moedas e a evolución da divisa na época previa á crise financeira. As entidades ofrecíanas baixo a garantía de que as cotas mensuais serían máis baixas porque os tipos de xuro destas divisas eran inferiores, pero non advertiron dos riscos que conlevaban.

Segundo explican no despacho Caruncho, Tomé & Judel, estes préstamos presentaban un risco moi difícil de comprender para un cidadán sen experiencia en produtos financeiros complexos, dado que se a moeda na que estaba a hipoteca se aprezaba fronte ao euro, as cotas mensuais do préstamo se elevaban porque o crédito estaba concedido nesa divisa, polo que o hipotecado estaba a merced das fluctuacións no mercado de divisas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)