Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os polígonos forestais: a ferramenta para industrializar os montes galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O Grupo de Análise Manuel Colmeiro reunía onte hoxe en Ourense aos principais axentes do sector forestal e madereiro nunha intensa xornada. Consideran que o modelo de desenvolvemento das cidades coa implantación de polígonos industriais é perfectamente exportable ao sector forestal. A aposta é de envergadura.


Entre todos analizaron os problemas que hai e as medidas que se deben tomar para achegar solucións. O coordinador de Colmeiro, o catedrático de Economía Aplicada da USC, Luís Caramés (á dereita da imaxe) considera que o sector galego necesita mellorar a estrutura da propiedade e o valor engadido con cooperación e tecnoloxía. E que cómpren incentivos ao uso da madeira.

Os participantes na xornada abordaron a situación do monte galego desde todos os ángulos: xurídico, económico, e sustentabilidade. Entre outras cousas identificaron as principais debilidades do sector:

1. Unha distribución da propiedade que impide a dinamización do monte.

2. Unha falta de conexión entre as capacidades dos nosos montes coa demanda dos mercados.

3. Unha escasa cultura forestal en Galicia, con mitos e posverdades como o uso de certas especies.

No ámbito das solucións houbo consenso xeral de que os polígonos forestais serán os eixos transformadores do monte. Para iso será imprescindible adaptar o marco normativo para dinamizar economicamente o sector facéndoo atractivo aos investidores. O presidente do Clúster da Madeira, Manuel Iglesias insistiu en que a mellor maneira para evitar o abandono do monte é a súa explotación. O profesor Juan Picos, director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, indicou que calquera esforzo que se faga para mellorar a produción forestal pasa por apoiar aos selvicultores, combatir o abandono, mellorar a produtividade e diversificar a xestión. Segundo o académico esta estratexia será moi rendible para o país en termos de emprego, de vertebración territorial e tamén é compatible con aspectos ambientais aproveitarndo as posibilidades que se están abrindo á industria forestal a escala mundial.

Positiva acollida tivo o anuncio do conselleiro de Economía e Industria de poñer en marcha un plan que a Xunta lidera co sector para a modificación normativa da explotación dos montes e ofrecer solucións ás empresas que viven da madeira. Este plan -impulsado pola recén creada Axencia Forestal- incluirá un inventario forestal, un plan de negocio para o monte, un plan de marketig e outro de formación.

Pacto forestal, pacto de país

Tras os incendios recentes faise máis urxente que nunca tomar conciencia da necesidade dunha industria forestal galega. Colmeiro considera que ese pacto debe levar a cabo baixo unha óptica económica articulado de maneira transversal. Venancio Salcines, economista e vicepresidente do Grupo Colmeiro, lembrou que a creación de polígonos agrarios e forestais podería implicar un importante desenvolvemento económico para zonas actualmente infraexplotadas e, ademais, reduciríanse considerablemente os lumes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)