Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois valoran as posesións que gardan en casa en 22.500 euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Os mobles, os electrodomésticos e aparellos electrónicos, a roupa, os aveños... sumando todo ese é o capital medio asegurado na póliza de fogar. En Galicia estes son os concellos onde o contido medio asegurado é máis alto: Bergondo (A Coruña) con 32.295, Ordes (A Coruña) con 30.546 e Teo (A Coruña) con 30.412.


E onde aseguran por menos? En Barreiros (Lugo) con 21.356, en Ares (A Coruña) con 21.550 e en Miño (A Coruña) con 22.447. En canto á media española no referido á estrutura e os elementos fixos dunha casa, están asegurados nuns 100.000 euros. 

Esa é a cantidade media coa que un propietario protexe paredes, teito, chan, cableado eléctrico, canos, así como os armarios, as portas e xanelas, a fechadura, a bañeira, o inodoro ou o lavabo, ante os danos que poidan sufrir. Esta é unha das conclusións que arroxa o informe Mapa dos inmobles asegurados en España elaborado por Estamos Seguros.

De acordo con este traballo, o nivel de protección medio das familias residentes en Biscaia, Guipúscoa, Áraba e Navarra é o máis elevado do país. Nestes lugares, os obxectos domésticos contan cun aseguramiento medio de entre 27.600 e 29.000 euros. Á cola do ranking sitúanse, entre tanto, Burgos, Ávila e Santa Cruz de Tenerife. En cada unha destas provincias, o importe medio co que se protexe o contido das vivendas rolda os 19.000 euros. Os seguros de fogar cobren, ademais dos obxectos que hai na casa, o inmoble en si. Esta protección aparece nas pólizas baixo o termo “continente”.

Os capitais cos que se aseguran os inmobles varían significativamente dunha provincia a outra. Así, os lugares onde as vivendas teñen unha protección máis destacada son Baleares (164.047 euros de capital medio de continente), Xirona (128.037 euros) e Lleida (118.095 euros). Os últimos postos da clasificación corresponden a Zaragoza (83.825 euros), Asturias (84.980 euros) e A Rioxa (86.185 euros). Con estas cantidades medias –é dicir, 22.500 euros para o contido e 100.000 euros para o continente– aténdense en España os danos que pode padecer unha vivenda. Desde unha pingueira a un incendio, pasando por un roubo ou un curtocircuíto. 

Dúas listaxes

O mapa ofrece tamén dúas listaxes cos municipios onde as vivendas protéxense mellor de todo o país. Un tomando como referencia o valor que se outorga ao inmoble en cuestión e o outro en función da cobertura que se dá aos obxectos que hai na casa. Os dous rankings están encabezados polas tres mesmas localidades: Benahavís (Málaga), Andratx (Baleares) e Matadepera (Barcelona). Estas son as poboacións onde as pólizas teñen un valor medio asegurado máis elevado. Este informe tamén se pode descargar da sección Publicacións da web de UNESPA. No estudo aparecen numerosas táboas con información por municipios, provincias e comunidades moi interesante.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)