Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só un 9,4% dos adultos españois continúa coa súa formación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O avance da Unión Europea en canto á participación da poboación adulta en actividades de formación é escaso nos últimos anos. Dende hai tempo, a porcentaxe de adultos que participan nalgún tipo de formación sitúase só algo por riba do 10%.


A Unión Europea analiza, ano tras ano, o progreso que realizan os países membros nun total de 17 indicadores de desenvolvemento sostible que forman parte da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas. Un deses indicadores céntrase centra na calidade da educación e recolle como subindicador o grao de participación da poboación adulta en actividades de formación, que está vinculado ao obxectivo de lograr unha aprendizaxe ao longo de toda a vida.

Sen embargo, hai unha serie de países fundamentalmente os escandinavos que acadan unha participación moito maior. En Suecia practicamente o 30% da poboación adulta séguese formando, en Dinamarca é o 27,7% da poboación e en Finlandia o 26,4%. Os Países Baixos e Francia chegan a case un 19%, mentres que Estonia supera o 15%, e Austria e o Reino Unido se sitúan por riba do 14%.

A escasa distancia da media europea figura Portugal (9,6%) e España cun 9,4%. Alemaña rexistra un 8,5% e Italia un 8,3%. Entre os países con baixa participación da poboación adulta en actividades de formación están Irlanda e Grecia, entre outros, así como Eslovaquia, Bulgaria e Romanía que pechan a clasificación con porcentaxes que non chegan ao 3%. Mesmo este último país sitúase no 1,2%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)