Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Catro delegados de zonas francas están de visita en Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Viñeron a coñecer a actividade do Consorcio vigués coa creación e aceleración de empresas. Aquí están dende onte delegados das zonas francas de Gran Canaria, Carlos Ester; Tenerife, Gustavo González e Cádiz, Alfonso Pozuelo; ademais da directora xeral da Zona Franca de Barcelona, Juana Boza.


Hoxe mércores a representación estivo en Porto do Molle mantendo entrevistas coas diferentes empresas instaladas no Centro de Negocios, no edificio Aeroespacial e nos viveiros industriais das naves bioclimáticas. E onte á tarde, na visita á área comercial de Bouzas, os delegados falaron dos réximes fiscais especiais cos que traballan nos recintos francos así como as perspectivas que se abren para aumentar estes tráficos de mercadorías co Corredor Franco do Atlántico.

Este corredor é un proxecto de conectividade liderado pola Zona Franca de Tenerife para mellorar competitividade e transferencia tecnolóxica entre zonas francas, parques industriais, portos e centros loxísticos do eixo conformado por instalacións situadas nas dorsais atlánticas de Europa, África e América.

Teresa Pedrosa faloulles aos delegados do traballo desenvolvido desde os viveiros do Consorcio, a aceleradora de empresas multisectorial ViaGalicia, a do sector de automoción BFA e a que foi deseñada especificamente para activar a internacionalización das pemes, ViaExterior así como o apoio económico que se canaliza cara aos emprendedores a través dos fondos de capital-semente en Vigo Activo. Como explicou Pedrosa “esta combinación de programas xeraron unha actividade moi atractiva para as grandes empresas que ven neste parque empresarial un lugar no que estar en contacto coas novas ideas”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)