Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco craves para axudar a xestionar as emocións no traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Facelo ben axuda a que traballemos mellor e a que mude o ambiente e mesmo as relacións persoais no seo das empresas. Se ben os consellos de xestión emocional laboral ben poden ser adoptados fóra, porque son igualmente útiles.


A empresa finesa KONE, que ten delegación en Vigo, recollía onte un recoñecemento na XV Edición dos Premios á Innovación en RRHH de Expansión e Emprego por unha interesante iniciativa a este respecto: crear un Ximnasio Emocional. Do mesmo xeito que se vai a adestrar o corpo, organaziron obradoiros para fortalecer a mente axudándose da respiración e de técnicas para xestionar as dificultades diarias. A iniciativa foi posta en práctica entre empregados da compañía en adestramentos dunha hora e media semanal durante 9 semanas.

A directora de RRHH, Comunicación e Márketing de KONE, Áurea Gómez, comparte as que asegura que son as cinco craves básicas que calquera pode poñer en práctica para xestionar as emocións de forma máis eficaz no día a día:

Tomar conciencia delas. Hai que comprender de forma práctica o funcionamento do sistema emocional, diferenciando o funcionamento en automático do cerebro emocional e o uso do cerebro racional.

Traballar a través do pensamento. Pódenche axudar a identifica pensamentos pouco racionais que levan a emocións desagradables. O adestramento que se practica é ensinar aos empregados a cuestionar este tipo de pensamentos e xerar alternativas.

Diminuír a tensión coa respiración. Regular os enfados pode ser clave para o bo clima de traballo. Neste sentido, os empregados entenden como afrontar o enfado doutra persoa. O clima de traballo pódese ver prexudicado pola tensión diaria e ofrecer pautas para diminuílo a través da respiración consciente é unha gran vantaxe.

Aplicar o mindfulness e conectar cos demais. O mindfulness é unha ferramenta que pode axudar a observar e aceptar os procesos internos a través da atención concentrada e os sentidos. En ambientes onde o traballo en equipo é clave, é necesario que o empregado comprenda a importancia da palabra empatía e o que significa conectar cos demais.  

Dominar cada estilo relacional. Cada persoa posúe unha forma de relacionarse cos demais. Cando dúas persoas con estilos opostos coinciden nun ambiente de traballo pode resultar difícil que conecten entre si. “Independentemente do sector no que opere a compañía, xerar emocións positivas entre os empregados e que cren un sentimento de unión e equipo pode ser clave para o éxito”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)