Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Coruña acollerá a primeira edición de BioCultura en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Grazas a un convenio de colaboración entre Expocoruña e a Asociación Vida Sana, a feira de alimentación ecolóxica que se vén celebrando dende hai 33 anos en Madrid e 24 en Barcelona estará en terras galegas do 2 ao 4 de marzo de 2018.


Serán is de 15.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica os que estarán a disposición dos visitantes. Non obstante, a alimentación “bio”, non é o único sector presente na feira, xa que estará acompañada doutros como os produtos para a hixiene e a cosmética con ingredientes certificados, téxtil orgánico, bioconstrución, ecomateriais, mobles e decoración para a vivenda, enerxías renovables, economía do ben común, terapias e medicinas complementarias, aforro e reciclaxe, ecoloxía, medio ambiente, turismo rural e casas de repouso; xoguetes, artesanías, música, libros e revistas.

O lema para esta campaña 2018 quere resaltar o momento histórico que vive o sector da produción ecolóxica, unha actividade que está en plena expansión en todo o mundo. Neste eido, España é o primeiro produtor en Europa e o quinto a nivel mundial, e xa está entre os dez primeiros tamén en consumo. Cada vez máis persoas, familias e institucións apostan polo sector “bio”. Segundo os barómetros oficiais, un 29% da poboación española consume produtos ecolóxicos unha vez ao mes, unha porcentaxe que pode parecer baixa, pero se pensamos que é un 24,5% máis que o ano anterior, non está nada mal.

Estas cifras amosan que a xente se está concienciando, e mesmo os labregos tamén queren apostar por esta alternativa. O sector “bio” e a súa expansión son a punta de lanza de todo un cambio de paradigma que afecta a todos os ámbitos da nosa vida (enerxía, saúde, urbanismo, transporte, produtos de hixiene e cosmética, téxtil, construción…), e que chega a todos os recunchos da Terra. Segundo datos do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia (Craega), este sector medra en Galicia a un ritmo do 30% anual.

Para profesionais

BioCultura é a cita para os profesionais que queren achegarse ao mundo dos produtos ecolóxicos no máis estrito sentido do termo. Cada un dos sectores ten así a oportunidade de coñecer directamente a distribuidores e operadores, e de realizar as súas transaccións comerciais dunha forma sinxela, directa e completa. Empresarios, tendeiros, prescritores, importadores, exportadores, cociñeiros, xerentes, directores de empresa, xestores de recursos humanos, ecochefs, nutricionistas, médicos e profesionais doutras moitas artes e disciplinas acuden a esta feira para atopar o que buscan.

Non obstante, a prioridade de BioCultura é que se multiplique o consumo “bio” interno dentro das fronteiras españolas. Trátase, sobre todo, de promocionar as virtudes da alimentación ecolóxica ante a poboación, de que todo o mundo poida coñecer e amar os alimentos ecolóxicos e todo o que está arredor deles. Para iso, a feira achega o produtor ao consumidor en forma de stands, de degustacións no showcooking, xornadas, mesas redondas, charlas, etc. Serán is de 200 propostas para aprender e obrar en consecuencia co aprendido. Coincidindo con BioCultura celebrarase MamaTerra cunha gran variedade de actividades lúdicas para os máis pequenos: talleres de cociña, horto biolóxico, talleres de reciclaxe, enerxías renovables, música, teatro e maxia, para gozar en familia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)