Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Sivsa porá os computadores nos colexios públicos de toda Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A Xunta adxicoulle á empresa viguesa a dotación para o proxecto educativo Abalar e xa nas próximas semanas comezarán a instalalos. Ata final de ano subministrará 14.600 de última xeración, ademais de encargarse do mantemento.


Os equipos inclúen un procesador que permitirá aos alumnos utilizar os programas, contidos dixitais e ferramentas máis avanzados. E terán lapis apuntador, de grande  utilidade na educación con soporte dixital.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -AMTEGA-, adxudicoulle tanto a subministración como o mantemento durante o próximos cinco anos, para garantir o uso dos equipos. A Xunta valorou que ofrezan un hardware HP deseñado e fabricado especialmente para o ámbito educativo, de calidade contrastada e cun soporte técnico de nivel.

Con máis de 30 anos de experiencia en consultoría e desenvolvemento, Sivsa, con sede central no Parque Tecnolóxico de Vigo e que cumpre este ano o seu trinta aniversario, ofrece servizos de consultoría, dixitalización, seguridade ou business intelligence entre moitos outros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)