Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Novos tempos para o sector inmobiliario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Visitas a inmobles con drons ou software en 3D e fintech con algoritmos preparados para tomar decisións a unha velocidade de vértigo son algunhas das posibilidades que se abren neste mercado e que o día 12 van ser analizadas na CEC na xornada “Non vendas pisos, fai outra cousa”.


A xornada, dirixida a profesionais do setor inmobiliario, está organizada pola Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI) e a Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste (APIN), e está enmarcada nas xornadas de networking que realiza a entidade financeira en diferentes puntos do país. Contará coa presenza de Pere Maymi, asesor de Red Externa en Unión de Créditos Inmobiliarios, master en Marketing e Vendas por Esade Business School e especialista no desenvolvemento de modelos de negocio no sector inmobiliario.

Maymi ofrecerá claves que axudarán aos profesionais da zona a diversificar os seus negocios e afrontar o futuro con ferramentas para adaptarse aos cambios. “Toca reinventarse porque o que vén, vén para competir, compartir e especialmente para quedarse. Visitas a inmobles con drons, software en 3D que permiten ver un inmoble de forma inimaxinable ata a data, fintech con algoritmos preparados para tomar decisións a unha velocidade de vértigo… En definitiva, novos actores que presumiblemente serán quen de desenvolver un traballo similar ao dos actores clásicos do sector inmobiliario, pero con custos de infraestrutura máis baixos e, por tanto, con prezos máis competitivos”, apunta Maymi.

Pola súa banda, o presidente de APIN, Jesús Pazos, anima a todos os profesionais do sector a participar nesta xornada, así como a achegarse á asociación, que xa aglutina a profesionais de toda a provincia da Coruña e na que cada día “somos máis”, porque “somos máis os que cremos no asociacionismo empresarial para establecer sinerxias e favorecer o crecemento dos nosos negocios”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)