Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O investimento español en bens de equipo medrará un 4,5% en 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Superará en dúas décimas porcentuais a media europea, que segundo as previsións da Comisión se situará no 4,3%, moi por riba do 3,5% do presente exercicio.


Os maiores aumentos do investimento en bens de equipo corresponderán, de novo, a unha serie de países de recente adhesión, xunto con Grecia e Portugal. Eslovenia figurará en primeiro lugar cun incremento superior ao 15%, ao iempo que Grecia e Hungría tamén terán taxas de crecemento de dous díxitos. Portugal rexistrará un 7,7%, mentres que Eslovaquia, Polonia, a República Checa e os Países Baixos lograrán un aumento do seu investimento en bens de equipo arredor do 6%. Irlanda (5,7%) e Italia (5,3%) superarán o 5%.

Segundo as previsións de outono da Comisión Europea, España terá un crecemento do investimento en bens de equipo do 4,5% en 2018 e situarase, por tanto, entre os países da UE que rexistrarán un aumento por riba do promedio. Por debaixo da media europea estarán Suecia e Bélxica, que se situarán na contornOa do 4%, mentres que Austria e Dinamarca compartirán un 3,8%. Alemaña e Francia acelerarán o seu ritmo investidor ata acadar un 3,7% e un 3,3%, respectivamente. O Reino Unido ocupará o penúltimo lugar cun 1,3%, pechando a clasificación Luxemburgo cun incremento do 1%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)