Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Compostela Monumental logra insertar ao 71% dos mozos do seu plan “Empréga-te”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



O plan integral de emprego da asociación de comerciantes, dirixido a xente nova desempregada, desenvolveuse en colaboración coa Secretaría Xeral de Emprego, e permitiu asesorar, formar e orientar a mozos durante un ano.


A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental pechou de forma brillante o seu proxecto de inserción laboral “Empréga-te”. No programa, que empezou a súa andaina en decembro de 2016 e rematou o pasado 30 de novembro, participaron mozos menores de 30 anos con baixa cualificación, que recibiron distintos cursos de formación destinados a mellorar as súas actitudes persoais e profesionais no sector servizos, principalmente comercio, chegando incluso a poñer en práctica os coñecementos adquiridos en distintas empresas do comercio tradicional.

Para José Ángel Blanco, xerente de Compostela Monumental e responsable do programa esta experiencia foi “marabillosa”. “O comercio do casco histórico volveu demostrar a capacidade que ten para mellorar a vida dos seus cidadáns. Todo foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, que confiou no noso proxecto, dos comerciantes que colaboraron en todo momento, e do equipo técnico de Compostela Monumental, sen dúbida algunha o mellor equipo que un pode desexar. Estamos moi contentos co éxito obtido”, engadiu.

Pese a que o programa rematou, Blanco confía en poder repetir a experiencia en 2018. “Solicitamos unha segunda fase, que iría dende decembro deste ano a novembro de 2018. Sería o ‘Empréga-te 2’ e cun número de 85 mulleres desempregadas. Confiamos en que os resultados obtidos na fase un nos permita repetir experiencia, xa non só polo labor social de insertar persoas que nestes momentos están no paro, senón que á vez de as formar, asesorar, orientar e lles atopar un posto de traballo no sector comercial, axudemos a cubrir as necesidades e demandas laborais do comercio tradicional”, apuntou o xerente de Compostela Monumental.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)