Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 150 persoas aprenderon a descifrar o enigma da factura eléctrica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Durante novembro técnicos da Unión de Consumidores de Galicia percorreron Galicia impartindo actividades formativas sobre consumo e aforro de electricidade. Os talleres formativos Descifrando o enigma da factura eléctrica” impartíronse en 12 localidades.


As persoas asistentes, 154 en total, tiveron ocasión de coñecer as claves do sector eléctrico, os datos esenciais que conforman a factura da luz, diversas prácticas centradas no aforro e as novas condicións para beneficiarse do bono social eléctrico. Dolores Chapelai, responsable da importación das actividades, recalca o importante que é “facer pedagoxía entre as persoas consumidoras para que aprendan a entender a súa factura”, xa que con información clara e actualizada “poderían manexarse mellor á hora de contratar o subministro de electricidade e, por outra banda, aforrar na factura da luz”.

O principal obxectivo destes talleres prácticos, patrocinados polo Instituto Galego de Consumo (IGC), foi o de ofrecer solucións aos problemas reais cos que se atopan os consumidores e usuarios galegos no eido da subministración eléctrica. “Existe moita confusión en todo o que rodea á factura da luz: normativa complexa, terminoloxía, cambios constantes no sector, etc”, sinala Chapela. Por iso iniciativas como as que leva a cabo a Ucgal son tan importantes, xa que existen moitas dificultades para interpretar cuestións tan simples como coñecer con que compañía contratamos a electricidade.

Tres dos 12 talleres realizáronse en colaboración con Fademga. Os técnicos da Ucgal achegaron información práctica encamiñada a coñecer o ámbito do sector eléctrico a 46 usuarios de Aspavi, Aspanaex e Fademga Ourense. Trátase da primeira experiencia no eido formativo entre Ucgal e Fademga, un proxecto pioneiro que, dado os bos resultados acadados, podería repetirse no futuro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)