Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pulo ao Crecemento Azul no noroeste para integrar actividades



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique C. López Veiga, e o Secretario Xeral de Pesca, Alberto Manuel López-Asenjo, asinaron esta mañá o protocolo xunto coa Ministra de Agricultura e Pesca, Isabel García Tejerina, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana.


Trátase dunha estratexia a longo prazo da UE para apoiar un crecemento sustentable no conxunto dos sectores mariño, e supón un importante esforzo de integración de actividades ata o momento dispersas. Ao reunilas baixo un mesmo concepto conseguirase unha mellor comprensión do impacto que, sobre un espazo, poden producir.

A Secretaría Xeral de Pesca desenvolveu unha estratexia que  quere axudar áa dar resposta aos retos aos que o sector pesqueiro vai enfrontar nos próximos anos co reforzo e relanzamento dos sectores tradicionais, e buscando novas iniciativas no conxunto da economía mariña e marítima.

Identificar novas actividades

Neste contexto, a Secretaría Xeral de Pesca e a Autoridade Portuaria de Vigo acordaron impulsar o Crecemento Azul na nosa rexión para ver de identificar novas ideas potencial de desenvolvemento así como a compatibilidade de usos no espazo marítimo. Froito deste acordo, xerarase un espazo de coñecemento para cada unha das actividades identificadas que reúna empresas e centros tecnolóxicos do sector pesqueiro e daqueloutros que poidan axudar á resolución das iniciativas. Axudaranse a proxectos piloto derivados, facilitarase o acceso ao financiamento e impulsarase a creación dun centro que integre os espazos de coñecemento. Estas, alomenos, son as promesas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)