Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios do sector das gasolineiras de Pontevedra celebran a patroa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Que é Santa Bárbara.  Este ano é especial, xa que esta Asociación Provincial de Empresarios de Estacións de Servizo celebra catro décadas de vida. Tras a misa chegou unha comida no restaurante Pazo Baión, á que asistiu o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces.


O seu presidente, Benigno M. Redondo Grela, puxo en valor o labor que esta asociación realiza dende os anos setenta -con oficinas na cidade do Lérez na Rúa Rosalía de Castro e agradeceu a confianza depositada todo este tempo. A festa de hoxe, á que se sumaron máis de 150 empresarios, contou co patrocinio de Repsol, Cepsa, Gadisa e Wastech e coa colaboración de Adegas Regina Viarum.

Empresarios e provedores reuníronse hoxe en Vilanova de Arousa para asisitir a uns actos nos que tamén estiveron o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, José Manuel González; e o xefe territorial da Consellería de Economía, Ignacio Rial. A asociación naceu en 1977 e hoxe están nela máis de 80 asociados, a maioría de propietarios e xestores de estacións de servizo de Pontevedra aos que lles informa das novidades do sector en temas laborais, fiscais, mercantís e comunitarios; ofrece asesoramento xurídico e presta apoio na tramitación de documentación. Ademais, a AEESP ten unha imaxe actualizada e é activa en redes sociais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)