Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O medidor verde das empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Os expertos levan varias anos alertando dos efectos que a situación meteorolóxica actual trae ao noso planeta e numerosas restricións aparecen cada día para tentar paliar este problema: aforro de desprazamentos, redución en aparcadoiros, cortes de auga... saben as empresas como axudar?


Aí están as vídeo conferencias, as centrais virtuais, as mensaxerías instantáneas, as RRSS, novas fórmulas de almacenamento e o teletraballo: axudan a mellorar produtividades, a aforrar de tempo e a contaminar menos. Unha ferramenta chamada o “medidor verde” rexistra, por exemplo, os aforros exactos de combustible xerados por cada participante neste tipo de reunións, utiliza direccións IP dos participantes para calcular a súa localización e o impacto potencial das viaxes non feitas.

Esta ferramenta foi utilizada polo Estado de Arizona, en relación coas súas Conferencias Web  e calculou un aforro de máis de 1,6 millóns de dólares tras un investimento inicial de só 300.000 dólares en tecnoloxías de teletraballo. Segundo Fernando de Águeda, Fundador de Cola-bora, “é fácil facer promesas ambientais, pero a aplicación das empresas debe ser tanxible. A transición a prácticas respectuosas co medio é un investimento a longo prazo e o desenvolvemento das comunicacións unificadas representa un método sinxelo pero eficaz para empezar”.

1. Reducen viaxes. A redución dos custos de transporte ten claros beneficios ambientais. O uso do teletraballo, as conexións de colaboración e ferramentas de intercambio, representan unha oportunidade sen precedentes para aumentar a eficiencia e a redución da pegada de carbono dunha compañía.

2. Reducen a factura enerxética. A longo prazo os aforros de enerxía obtidos a través dos custos de calefacción e de iluminación baixos, poden representar un aforro significativo para o negocio. Reducir o número de espazos dispoñibles para iso,tradúcese na utilización de menos persoal e materiais necesarios para equipalos e mantelos. Afórrase diñeiro e redúcense emisións.

3. Optimizan a produtividade do equipo. A multiconferencia web mellora a xestión do tempo e ferramentas de colaboración en liña fomentan a choiva de ideas entre o equipo e contribúe á innovación. Xunto coa redución dos custos de enerxía establece unha reputación como empresa responsable.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)