Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A exconselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nova xerente de Galaria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



A empresa pública de servizos sanitarios con sede no Meixoeiro tiña o posto vacante dende que hai un mes Povisa fichase á anterior xerente, María Luisa Brandt, que levaba oito anos nel. O nomeamento de Mosquera é criticado dende CCOO pola “súa nefasta xestión durante o período que estivo á fronte de Sanidade”.


Feijóo dixo hai uns días que Mosquera é “unha persoa acreditada desde o punto de vista da xestión polo seu historial no sector público e desde o punto de vista profesional”, pero a Federación de Sanidade de CC.OO lembra que foi destituída como conselleira e critica que sexa nomeada para ocupar a xerencia de Galaria malia que durante o seu mandato negouse a integrar a empresa no SERGAS, como xa acordara o Goberno bipartito.

Desde CCOO-Sanidade lembran que o período de Rocío Mosquera como conselleira -entre 2012 e 2015- estivo marcado polas constantes críticas ao seu labor, que se puxeron de manifesto co mobilizacións en toda Galicia. “Tivo un papel destacado en medidas regresivas para a sanidade pública. Entre outras, o intento de crear unidades de xestión clínicas, respondido cunha folga xeral da sanidade galega, o que impediu poñer en marcha as primeiras 24 unidades no primeiro trimestre de 2013. Tamén intentou privatizar as unidades de esterilización de Galicia e tivo constantes xestos co grupo de presión sanitario Sedisa, favorable ás privatizacións”, explican dende o sindicato. “Porén, o detonante da súa destitución foi a xestión do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, un centro público cuxa xestión é privada, cun custo moito maior ca se fose totalmente público”- Un hospital, lembra CCOO, no que se recortaron camas -de 1465 a pouco máis da metade- e con deficiencias importantes como o do estacionamento e servizos. Segundo CCOO, Mosquera restoulle a Vigo 300.000 potenciais pacientes de varios servizos.

O actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, defendeu a súa compañeira na presentación que fixo o pasado 1 de decembro aos profesionais de Galaria. Almuíña insistiu no seu “prestixio, profesionalidade e profundo coñecemento” do sistema de saúde pública de Galicia".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)