Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un de cada catro condutores non preparará o seu coche para esta ponte



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Un informe elaborado polo comparador de segruos de coche Acierto.com revela que case un 60% dos españois tampouco cambia os seus pneumáticos a tempo e que ellas son máis precavidas que eles.


De feito, só o 22% das mulleres recoñece que non prepara axeitadamente o seu coche antes de emprender as súas vacacións ou de realizar un desprazamento longo, mentres que a porcentaxe ascende ata o 27% no caso dos homes. Pero, por que actuamos desta maneira? Segundo o 26,4%, por falta de tempo, e o 19% porque resulta demasiado caro.

Se nos centramos nas revisións estipuladas polo fabricante, ata dous de cada cinco españois admiten no pasalas, pero, aínda por riba, case a metade deles di que só o faría se detectase un problema, e o 18% ignora cando realizalas. “Revisar o vehículo é imprescindible para coñecer en que estado se atopa e prevenir accidentes”, comenta Carlos Brüggemann, cofundador de Acierto.com. “O asunto cobra aínda máis importancia cando nos dispoñemos a emprender un desprazamento como os que se realizan durante a próxima ponte e as Navidades”, engade.

Por desgra
za, as revisións non son o único que pasan por alto moitos condutores, senón que case o 60% dos automobilistas tampouco cambia os seus pneumáticos a tempo: o 46,2% faino despois de percorrer con eles máis de 50.000 quilómetros e o 11,7% tras superar os 65.000. Son cifras preocupantes se temos en conta que os expertos establecen o límite para que unha roda continúe sendo eficiente arredor dos 40.000 quilómetros. Ademais, aquí interven outros factores como a idade do pneumático ou o desgaste ao que o sometésemos.

Debuxo do pneumático

A lexislación actual permite unha profundidade de debuxo mínima de 1,6 milímetros. Por debaixo dela non só estariamos viaxando de forma insegura, senón que nos poderían e o noso vehículo non pasaría a ITV. Ois conveniente é cambialos antes de que cheguen a esta cifra, cando o debuxo acada os tres milímetros de profundidade, principalmente porque con iso reduciremos as posibilidades de sufrir aquaplanning. Dende a Comisión de Fabricantes de Pneumáticos tamén recomendan comprobar se os pneumáticos ten a presión adecuada ao menos unha vez ao mes, en frío, e especialmente se imos emprender unha longa viaxe.

A investigación indica, por outra banda, que o 55% dos coches que circulan poas estradas españolas supera os 100.000 quilómetros. A súa idade media?, 14 años. Algo preocupante se temos en conta os datos da Dirección Xeral de Tráfico, que sitúan a antigüidade media dos automóbiles que se viron envoltos en accidentes mortais en 2016 nos 13,6 anos. Se englobamos todos os sinistros, a Comisión de Fabricantes de Pneumáticos sinala que o 61% dos que se producen en vehículos que superan os dez años están relacionados co desgaste excesivo dos pneumáticos, e que arredor do 23% se traducen nun rebentón ou na perda dunha roda durante a marcha.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)