Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 48.000 euros para axudar ás empresas do sector turístico no sur galego



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa acaba de publicar a convocatoria para participar no Programa de Competitividade Turística, cofinanciado polo FEDER. O traballo queda agora, en boa medida, en mans dos técnicos da Cámara.


Eles e elas tratarán de potenciar o crecemento das empresas turísticas con cultura da innovación e uso das TIC, proporcionar ferramentas que axuden a mellorar a produtividade, agrupar o coñecementodos diferentes axentes e establecer procesos para identificar necesidades. As empresas interesadas en participar poden presentar a súa solicitude  do 11 ao 18 de decembro en calquera das tres sedes que a Cámara de Comercio ten.

E como o farán? Con diagnoses ás empresas participantes de carácter gratuíto, que estudarán analizarán áreas estratéxicas da peme e as súas posibilidades de mellora. Despois realizarase unha proposta de implantación de proxectos de innovación e solucións Tespecíficas e un informe de recomendacións sobre materias prioritarias en medioambiente, TIC e formación, poñendo especial énfase nos idiomas. Ademais, as empresas poderán acceder á fase 2 dos Programas InnoCámaras ou TICCámaras para implantar os proxectos seleccionados.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)