Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os ingresos fiscais en España situaranse nun 38,4% en 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Segundo as previsións que vén de publicar a OCDE nas súas “Perspectivas Económicas” de novembro, os ingresos fiscais do conxunto das administracións públicas manteranse nunha media levemente por riba do 37% sobre o PIB en 2018 para o total de países membros.


Non obstante, obsérvanse grandes diferenzas, xa que hai unha serie de estados que superan o 50% sobre o PIB e outros, no extremo oposto, que se sitúan arredor do 30% ou incluso por debaixo como é o caso de Irlanda. Noruega ocupa o primeiro lugar cuns ingresos fiscais en aumento que chegarán ao 56,4% en 2018. A continuación están Francia cun 53%, así como Finlandia e Dinamarca, ambos por riba do 51%. Suecia e Bélxica contarán con ingresos fiscais na contorna do 50% sobre o PIB, mentras que Grecia e Austria compartirán un 48,6%.

Alemaña situarase nun 45% e os Países Baixos nun 43,5%. Eslovenia e Hungría son os dous países de recente adhesión á UE cos maiores ingresos fiscais superando o 42%. Por debaixo do 40% figurarán, entre outros, Polonia, a República Checa, Estonia e Canadá. Para España, a OCDE prevé en 2018 uns ingresos fiscais do conxunto das administracións públicas do 38,4% sobre o PIB, o que supón un leve incremento de tres décimas respecto a 2017, á vez que un aumento considerable dende o mínimo do 34,8% que rexistrou o noso país en 2009. O Reino Unido, Letonia e Israel completan a lista de membros da OCDE que estarán por riba do promedio.

Por debaixo da media só figuran seis países. Entre os que contan cos menores ingresos fiscais en termos de PIB están Xapón (33,8%), Estados Unidos (32,3%) e, sobre todo, Irlanda cun 26,4%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)