Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

5.000 visitas celebran a maioría de idade de Megaxove



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



Familias de toda Galicia participaron nas máis de 30 actividades deportivas nunha cita que pechou onte co torneo de xadrez e competicións de atletismo con máis de 100 rapaces de entre 6 e 16 anos. E este sábado 9 de decembro Expourense acolle o VIII Campionato de Kickboxing Megaxove con 150 deportistas de Galicia e Portugal.


Logo de dous días Megaxove pechaba onte á tarde as portas da súa 18ª edición sumando máis de 30 opcións de asociacións xuvenís, voluntariado e clubes deportivos que aproveitaron a súa participación no Salón da Xuventude para dar a coñecer o que fan. Finaliza o calendario feiral de Expourense 2017 o mércores 13 co 17º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos e coa inauguración da pista de atletismo cuberta o sábado 16 de decembro. A próxima cita será xa en 2018: do 31 de xaneiro ó 4 de febreiro con Xantar.

A última xornad estivo marcada por dúas minicompeticións de atletismo  oa participación de medio cento de rapaces das categorías, infantil, junio e cadete. A meirande parte pertencían ó Clube Atletismo Ourense, organizador da proba, pero tamén participaron atletas de xeito independente. Exhibicións de kung-fudo do Ximnasio Fitness Forma, o circuito ciclista infantil de Maese Bike e as prácticas de roller derby a cargo do clube “As Lobas de Morgana” completaron a oferta deportiva.

Cada rapaz e rapaza puido escoller libremente en qué quería pasar o rato: dende xogos populares e tradicionais ata obradoiros de robótica ou impresión 3D e exhibición de drons. Amencer, o Rally Solidario e o Banco de Alimentos de Ourense aproveitaron tamén para promover a recollida de produtos alimentarios, material escolar e xoguetes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)