Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 62% dos erasmus reciben axuda dos pais para chegar a fin de mes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE DECEMBRO DE 2017 · (0)



De feito hai unha porcentaxe dos que residen en España -que leva anos encabezando a lista dos países preferidos polos estudantes- que estuda e traballa: un 15% procura un emprego parcial. O orzamento máis común desta beca (nun 60% dos casos) é inferior aos 500 euros ao mes.


A xeralmente estupenda experiencia de pasar un ano fóra de casa vén da man dunha bolsa coa que facer fronte aos gastos pero é sabido que, con ser unha axuda importante, non chega. Tanto para eles como para os españois que van fóra.

Mariano Kostelec, co fundador de Uniplaces.es, explica que “os gastos exceden as mensualidades que reciben, polo que moitos vense obrigados a pedir diñeiro a familiares ou amigos, ou a buscar un emprego que lles permita completar o orzamento”. A axuda recae maiormente nos pais cun 62% dos casos. Pero un 11% dos erasmus consultados por Uniplaces asegura que prefire completar o orzamento atopando un traballo. E outro tanto apáñase coa beca. Poida que estean entre o 40% dos que teñen unha que supera os 500 euros ao mes, pero o máis común é recibir menos cartos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)