Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A campaña de rebaixas xerará 9.605 contratos en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Trátase dun 19,3%is que o ano pasado, o que sitúa a esta comunidade autónoma como a terceira cun maior crecemento por detrás de Estremadura (25,8%) e Asturias (20,7%). A nivel nacional o incremento é do 13,9%.


Randstad vén de realizar un estudo sobre a previsión de contratación para a campaña de rebaixas de 2018, que inclúe os contratos extra que se realizarán por este motivo durante os meses de xaneiro e febreiro. A análise destaca que a campaña de rebaixas de 2018 xerará 153.460 contratos en toda España nos sectores de comercio e transporte e loxística, a mellor cifra de toda a serie histórica. 2018 sitúase así como o quinto ano consecutivo cun crecemento de dous díxitos, se ben se prevé unha leve desaceleración na xeración de contratos respecto a anos anteriores, cando o incremento se situaba por riba do 18%.

Cando se analiza a serie histórica, se detecta a primeira vista o estoupido da crise económica, que se reflicte no descenso das contratacións realizadas en 2009, un 51,4% menos que a cifra rexistrada en 2008, cando por primeira vez se superaron os 100.000 contratos. Tras rexistrar a cifra máis baixa en 2009 (49.383), os contratos motivados pola campaña de rebaixas encadearon tres anos de aumento consecutivo, entre 2010 e 2012. En 2013 sufriron unha leve contracción (-2,2%) e, dende ese momento, volveron medrar ata 2018 durante cinco anos consecutivos.

En Galicia, a maior parte do 9.605 contratos que se xerarán nesta campaña terán a súa orixe na provincia de Pontevedra (4.145), seguida da da Coruña (4.015), Lugo (820) e Ourense (625). Sen embargo, serán as dúas que encabezan o ranking, acaparando o 85% dos novos contratos en Galicia, as que terán menores crecementos cun 17,5% no caso pontevedrés e cun 19,7% no coruñés. Pola súa banda, a provincia ourensá rexistrará o maior incremento cun 27,7%, seguida da luguesa (20,2%).

Comercio electrónico

Os sectores de comercio e transporte e loxística concentran a contratación durante a campaña de rebaixas. O aumento do consumo, motivado polas ofertas nos comercios e as tendas online, fai que as empresas destes sectores necesiten ampliar cadros de persoal de maneira puntual nestas datas para poder facer fronte ao incremento de actividade. Nesta campaña, ao igual que nas anteriores, o comercio electrónico irrompe con forza, modificando os hábitos de compra dos consumidores e influíndo de maneira directa no mercado laboral. Debido a estes novos hábitos de consumo, detéctase un aumento da contratación no sector de transporte e loxística, como empaquetadores, carretilleiros, mozos de almacén ou transportistas, entre outros. Así mesmo, relacionado con este aumento do comercio electrónico, tamén se incrementan as necesidades de profesionais de atención ao cliente e contact center.

Segundo estas previsións, todas as rexións e provincias incrementan o número de contratacións respecto a 2017, sendo Estremadura (25,8%), Asturias (20,7%) e Galicia (19,3%) as comunidades que máis medran. A continuación atópanse Navarra (17,9%), Baleares (16,4%) e Castela e León (15,7%). Por riba da media nacional (13,9%), tamén se sitúan Canarias (15,6%), Madrid (15,5%), Castela-A Mancha (14,6%), País Vasco (14,4%) e Andalucía (14,3%). Inmediatamente por debaixo da media nacional, están A Rioxa (12,9%) e a Comunidade Valenciana (12,9%), e a continuación, como rexións con menor crecemento, sitúanse Aragón (10,7%), Cataluña (9,4%), Cantabria (9,4%) e Murcia (7%).

Por provincias, Zamora (28,6%), Ourense (27,7%) e Cáceres (27,1%) son as que acadan maior crecemento, todas elas con incrementos por riba do 27% respecto ao ano anterior. Séguenlles Badaxoz, Ávila e Toledo, con aumentos superiores ao 20%. Rexistrando os menores medres están Xirona (9,6%), Castellón (9,4%), Cádiz (9%), Barcelona (8,9%) e Cuenca (8,9%).

Ponte cara o emprego estable

A incorporación ao posto de traballo na campaña de rebaixas realízase habitualmente mediante un contrato de duración determinada, xa que os contratos xordidos neste período son para cubrir aumentos puntuais de traballo. Este tipo de contratación é unha opción idónea para acceder a un primeiro emprego ou para volver ao mercado laboral despois dun período de desemprego. Os contratos de duración determinada son unha oportunidade para aumentar a empregabilidade dos profesionais e actualizar as súas competencias e habilidades para adecuarse aos requisitos solicitados polas compañías e, desta maneira, optar a un contrato estable e de maior duración.

“As contratacións xeradas na campaña de rebaixas son unha oportunidade excelente para os profesionais que queren ampliar a experiencia laboral ou que queren iniciarse no mercado laboral e aumentar, en ambos casos, as súas capacidades e a súa empregabilidade”, asegura Luis Pérez, director de Relacións Institucionais de Randstad. “A boa marcha da economía tradiciuse nun incremento das contratacións nesta época do ano, reafirmando así as boas estimacións realizadas para Nadal, que xa estimaban crecementos interanuais da contratación a dobre díxito”, engade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)