Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En niveis pre-crise



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



O prezo da vivenda nova en España medra de media un 5% en 2017, a subida máis alta dende 2007, aproximándose en cidades como Barcelona e Madrid a niveis daquelas datas. De manterse as condicións macroeconómicas en 2018 e a evolución favorable do emprego, seguirá aumentando o acceso ao crédito hipotecario provocando unha subida de prezos maior nos núcleos urbanos pola falta de oferta.


En relación á rendibilidade de alugar para os propietarios, Ourense cunha rendibilidade do 4,8%, seguido por Guipúscoa cun 4,9% e Biscaia e A Coruña cun 5,1% son as provincias que ofrecen menos de toda España.

Sociedade de Taxación (cuxa sede galega está na Coruña) vén de publicar o Informe de Tendencias do Sector Inmobiliario con interesante información. O estudo realizouse en preto de 400 municipios en 2017. Os datos: o prezo medio da vivenda nova en España aumentou un 3,3% nas capitais de provincia, alcanzando os 2.227 €/ m2 e duplicando o crecemento do primeiro semestre que se situou en 1,7 %. Segundo este estudo, o prezo medio dunha vivenda tipo de 90 m2 nas capitais de provincia é de 200.400 €. No resto de cidades situouse en 1.580 €/ m2.

As capitais de provincia, lideradas por Barcelona (3.865 €/ m2), San Sebastián (3.441€/ m2) e seguida de preto por Madrid (3.167 €/ m2), seguen exercendo un efecto tractor no incremento dos prezos do territorio nacional. Por contraposición, Badaxoz (1.155 €/ m2), Cáceres (1.138 €/ m2) e Cidade Real (1.160€/ m2) seguen sendo as capitais que presentan os prezos máis baixos.

O Índice de Esforzo Inmobiliario

Define o número de anos de soldo íntegro que un cidadán medio necesita destinar para a compra dunha vivenda de tipo medio, e mantén a súa tendencia de crecemento suave sitúandose en 7,6 anos no último trimestre de 2017. Baleares continúa sendo a Comunidade Autónoma onde se necesitan máis anos para acceder a unha vivenda 14,7 anos. Por contraposición, A Rioxa segue sendo a rexión onde é máis fácil acceder á vivenda con 4,9 anos.

A rendibilidade do aluguer

Sobe un 7,29 % no último trimestre de 2017 segundo indicadores desenvolvidos por Urban Data Analytics (uDA). Por provincias, Valencia, Barcelona e Toledo alcanzan unha rendibilidade bruta no aluguer de 7,5 % o valor máximo do territorio nacional. Pola contra, Ourense cunha rendibilidade do 4,8%, seguido por Guipúscoa cun 4,9% e Biscaia e A Coruña cun 5, 1% son as provincias que ofrecen menores rendibilidades no aluguer.

En 2017, segundo datos do Ministerio de Fomento, aumentou o número de hipotecas concedidas situándose en 240.000 nos nove primeiros meses, con todo, seguiron manténdose por baixo do número de transaccións (390.000), algo que disipa os temores dun posible quecemento do mercado inmobiliario.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)