Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dez ‘ecopropósitos’ para un 2018 máis sostible



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Coa chegada do novo ano, Ecoembes lanza dez consellos sinxelos para coidar o medio ambiente tras unhas festas nas que se fai máis que nunca que os cidadáns tomen unha maior conciencia da súa responsabilidade na protección da contorna.


Así, a organización medioambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases quere lembrar que, durante estes días de desconexión, comidas familiares e lecer, tamén é importante coidar da nosa contorna a través dos seus dez ecopropósitos para un 2018 máis sostible:

1. Reducir, reciclar e reutilizar: entre todos temos que interiorizar a regla das tres R e ser conscientes de que os residuos poden ter unha segunda vida. Debemos lembrar que a reciclaxe é un hábito que debe formar parte das nosas vidas os 365 días do ano. Nestas datas non esqueza depositar os envases de plástico, latas e briks no conlector amarelo, e o papel e o cartón no azul.

2. Utilice transporte público: se se move pola cidade, pense se necesita desprazarse co coche. Pode optar por moverse en bicicleta, unha forma económica e sostible de percorrer distancias curtas. Ademais de evitar atascos, estará axudando a frear a contaminación atmosférica.

3. Produtos de proximidade: aposte por aqueles produtos que sexan de procedencia local e de comercio xusto, xa que fomentará a economía da zona. Os produtos locais e próximos son ricos e variados, e ademais coidan a contorna ao non xerar tanta contaminación por ter que traelos á nosa mesa dende máis lonxe.

4. Aforre electricidade: non malgaste luz. Aproveite ao máximo a luz natural e apague as lámpadas cada vez que saia de casa. Igualmente, substitúa as lámpadas por unhas de baixo consumo ou LED, que optimizan a enerxía.

5. Controle o consumo de auga: o noso país enfrontouse este ano a unha das peores secas da súa historia. Para minimizar o seu impacto, cada xesto conta e todo o que consumimos deixa a súa pegada. Por iso, intente ducharse en lugar de darse un baño, trate de encher ao máximo o lavalouza e a lavadora, e utilice programas de aforro de enerxía.

6. Moda sostible: os consumidores son cada vez máis conscientes das medidas ambientais que levan a cabo as empresas e marcas dos produtos que consumen. Súbase a esta tendencia e aposte por aqueles produtos que manteñen unha lóxica de produción e consumo baseada na responsabilidade, a ética e a calidade.

7. Bolsas de plástico: cando vaia comprar, lémbrese de levar sempre a súa propia bolsa reutilizable. Se compra produtos envasados, recorde separalos e depositalos no colector axeitado.

8. Manualidades con residuos: unha forma divertida de colaborar co medio ambiente é darlle unha segunda vida aos residuos creando novos obxectos. Este ano, saque o seu lado máis creativo e utilice botellas de plástico, cartóns ou briks para facer grandes manualidades en familia.

9. Educación ambiental: amosar unha actitude correcta diante dos nenos resulta fundamental para o seu desenvolvemento persoal e a súa forma de actuar no mundo. Trate de inculcarlles a pasión pola natureza e o coidado do medio ambiente e ensíñelles dende pequenos o hábito de reciclar. O noso futuro depende deles!

10. Convértase nun #HéroeLIBERA: o littering converteuse nun problema global que está danando a flora e fauna do noso país. Por iso, tanto na praia como na montaña, se non hai papeleiras preto, garde os residuos para depositalos máis adiante no seu colector correspondente. Ademais, se non lle gusta ver a súa contorna natural chea de lixo, pode converterse nun #HéroeLIBERA participando nas campañas de recollidas e caracterización de residuos que pon en marcha Libera, o proxecto de SEO/BirdLife e Ecoembes para frear o littering.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)