Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Leroy Merlin abrirá en 2018 en Quintela, Ourense, a maior tenda do noroeste peninsular



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Terá 10.000 metros cadrados. A empresa gala está a piques de arrincar as obras de acondicionamento da parcela ubicada na marxe esquerda da N-120 tras recibir a licenza municipal. O investimento previsto: 22 millóns de euros. Tamén ampliará instalacións en Compostela.


En Ourense crearanse 100 postos de traballo directos e 20 indirectos, segundo confirmouse na presentación do proxecto, que foi onte no salón de plenos de Concello de Ourense nun acto no que participaron o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, e o director de Desenvolvemento da empresa, Juan Sevillan; o que dá a medida da importancia que ten para a cidade.

Juan Sevillano agradeceu a axuda en todo o proceso burocrático -marcado por unha complexidade especial por temas paisaxísticos- e asegurou que levaban moitos anos tentando instalarse no sureste galego.

Apenas un par de semanas antes a firma tamén decidía ampliar as súas instalacións no polígono de Costa Vella pola puxanza en Compostela, onde abriu portas en outubro do 2004 como o primeiro centro da firma en Galicia. Pero o espazo quédaselle curto e o concello deulle luz verde a unha nave nova na rúa Polonia. O polígono empresarial e o parque da Sionlla tamén foi escollido por Finsa, que decidiu ampliar nun terreo de 205.000 metros cadrados con 300 novos empregos, ademais de Media Markt.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)