Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os Reis Magos tamén recorren ás compras ‘online’



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Tendo en conta o último informe elaborado por Acierto.com, dous de cada tres Reis Magos prefire comprar os regalos por Internet en lugar de na tenda física.


E é que as súas maxestades, como o resto dos mortais, tamén desexan evitarse as tediosas colas dos centros comerciais. En concreto, a sondaxe pon de manifesto que o 62% dos usuarios se decantan polo comercio online, a pesar de que aínda os hai que acuden ao establecemento tradicional. Se equiparamos este comportamento aos Reis, parece que un deles actuaría do mesmo modo. Moi probablemente trataríase de Melchor, o maior dos tres, pois segundo o estudo, os homes novos son os que máis compran a través da rede.

Non obstante, o estudo revela que o 93% dos consumidores compara os prezos dos regalos na rede. Que pasa despois? Que dous de cada tres acaban comprando online. O 7% remata o proceso por teléfono e o 6% restante directamente descarta o produto ou cambia de idea. É dicir, Gaspar e Baltasar compran o incenso e a mirra por Internet (e tamén o resto de presentes), e Melchor prefire ir á tenda a polo seu ouro. Todos eles, iso si, comparan antes. Un comportamento que non nos estraña se temogs en conta que is do 70% dos españois compran a través da rede. En total son 17 millóns de persoas as que o fan, unha cifra que nos sitúa no cuarto posto da Unión Europea en transaccións deste tipo.

En canto ao dispositivo que usamos, o 56% dos españois decántase polobil ou a tablet, mentres que o 44% opta polo ordenador. Así mesmo, os expertos apuntan a un incremento de máis do 120% deste tipo de compras de cara ao ano que vén. “A rede ofrece, ademais dun amplo abanico de produtos, outras vantaxes como a comodidade de non ter que moverse de casa e, sobre todo, prezos tremendamente competitivos. Ademais, Internet nos permite levar a cabo unha comparación máis calmada e reflexionada, imprescindible en calquera proceso de compra”, comenta Carlos Brüggemann, cofundador de Acierto.com.

Os regalos estrela

Por suposto, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén deben facer fronte a outros gastos como as comidas de empresa (con Papá Noel e o Olentzero vasco, entre outros), o custo da viaxe, etcétera. Agora ben, gastarán máis do 40% do seu presuposto de Nadal en regalos. A grande elixida será a tecnoloxía, un produto no que as ofertas e descontos do black friday e o ciber monday xogaron un papel clave. Así mesmo, a análise afirma que case o 90% das compras de regalos se divide entre os meses de novembro e decembro.

Os xoguetes tamén se colan nesta lista. De feito, a compra online deste tipo de presentes incrementouse un 60% só o ano pasado. En todo caso, aquí é imprescindible que os distribuidores fagan chegar os regalos aos Reis antes do 6 de xaneiro. “Os camelos dos Reis Magos son moi rápidos e a distribución das compras online no período do Nadal debe selo tamén. Unha canle de venda eficiente é crucial no proceso, bromea Carlos.

Ademais, Brüggemann explica que non debería faltar un seguro de viaxe que cubra ás súas maxestades durante o traxecto dende Oriente, “sobre todo se perden osxoguetes. O de Responsabilidade Civil tamén sería moi conveniente, en especial para facer fronte ás desfeitas que puidesen ocasionar os camelos dos Reis ao entrar nas casas para paparse as follas de leitugas e cáscaras de laranxa que lles deixan os nenos”, incide.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)