Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a terceira comunidade autónoma que incrementará máis a súa contratación nestas rebaixas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



En total xeraranse 5.292 novos empregos durante esta campaña, o que representa un 13 % máis que nas rebaixas de 2017, segundo Adecco. Esta porcentaxe só queda por debaixo da de Cantabria (25%) e Madrid (15%), e está cinco puntos por riba da media nacional (8%).


Se hai uns días publicabamos nesta web un informe de Randstad situando a Galicia nas primeiras posicións en canto a incremento da contratación durante as rebaixas, o dado a coñecer onte por Adecco reafirma este feito. O estudo realizado por esta empresa de recursos humanos salienta ademais que dúas provincias galegas, A Coruña e Ourense, comparten o segundo lugar no ranking das que máis incrementarán as súas contratacións en comparación co mesmo período do ano pasado cuns aumentos do 20% cada unha. Non obstante, a provincia galega que máis contratacións realizará nestas rebaixas é a de Pontevedra con con 2.688 novos contratos, seguida da coruñesa (2.089), a ourensá (264) e a de Lugo (252).

A nivel nacional, prevese un incremento nas contratacións vinculadas a este período dun 8% con respecto á mesma campaña do ano anterior, o que supón un total de 113.820 contratos. Por sectores, será o gran consumo, que engloba alta perfumaría, cosmética, electrónica, xoguetes, alimentación, distribución, retail, imaxe e son, e loxística, transporte e a industria téxtil, entre outros, o que máis emprego xerarán nestas datas. Ademais, as áreas vinculadas á atención ao cliente ou forza de vendas serán as grandes beneficiadas nesta campaña.

Por autonomías, Cataluña sitúase á cabeza das previsións, xa que creará 18.900 novos postos de traballo. Tras ela, a Comunidade Valrenciana e a de Madrid serán as que xeren máis emprego con case 17.000 e 15.000 contratos, respectivamente. En canto ás provincias que máis emprego xerarán, Madrid con 14.900, Barcelona con 14.700, Murcia con 14.200 e Valencia con 12.600 encabezan a clasificación. Só estas catro provincias representan a metade das contratacións que se realizarán nestas semanas, o que demostra a gran concentración territorial que trae aparellada esta campaña de rebaixas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)