Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os mellores oradores de España, en Ourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Competirán no III Torneo Nacional de Debate. Co-organizado pola Deputación de Ourense estará dirixido por Iván Olmos (á esquerda), director do Club de Debate da Escola de Finanzas e subcampión mundial da especialidade.


Manuel Baltar confirmou, na reunión celebrada esta mañá no Pazo Provincial con Iván e co presidente da Fundación, Venancio Salcines, a colaboración da institución para que Ourense acolla o evento no que se darán citan 80 debatentes de toda España, integrados en 40 equipos, e 30 xuíces nacionais e internacionais.

O III torneo Nacional de Debate Universitario “Premio Ourense Termal”, será o primeiro evento destas características que se celebre na cidade galega e suporá tamén a primeira vez que en Galicia se compite a nivel nacional co formato internacional de British Parliament.

O II Torneo fóra acollido pola Cidade da Cultura dunha batalla dialéctica que reuniu durante tres días aos mellores ao redor dun gran debate intelectual no que foron taxadas a súas capacidades na arte da oratoria e a retórica, así como talento para a investigación, a documentación e o traballo en equipo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)