Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O concello de Ferrol dálle a Medalla de Ouro da cidade a Adega



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XANEIRO DE 2018 · (1)



A proposta do grupo municipal do BNG, a organización ecoloxista -que o ano pasado fixo campañas de limpezas de praias e ríos, de denuncia do abandono do transporte público na comarca e contra Reganosa- recollerana pasado mañá, 7 de xaneiro, nun acto no Teatro Jofre ás 12:00.


Dende a asociación afirman que “énchenos de ledicia e anímanos a continuar a loita por un mundo máis xusto socialmente e medio ambientalmente sostíbel. O concello recoñece os máis de 40 anos de andaina da nosa entidade cunha importante actividade na comarca de Ferrolterra”.

Dende a delegación de Ferrolterra-Trasancos protagonizaron ao longo do pasado ano numerosos actos en defensa do patrimonio natural: limpezas de praias (Doniños, Caranza...), limpezas de rios, campañas de sensibilización sobre a xestión de residuos, mesas informativas sobre a eficiencia enerxética ou a importancia de usar medios de transporte alternativos ao coche particular. No apartado das denuncias, chamaron a atención sobre o abandono do transporte público, a escaseza de ciclovías e o carrís-bus, o deficiente saneamento da ría ou as denuncias de numerosas plantacións ilegais de eucaliptos nesta comarca.

A delegación de Adega en Ferrolterra colaborou tamén con outros colectivos e plataformas como o Comité Cidadán de Emerxencia na súa loita contra Reganosa, participando tamén en actos en defensa do galego e contra a violencia machista.





Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Un ferrolán

05 de xaneiro de 2018

Eu pregúntome que fixeron estes tíos por Ferrol. Sei o que fixo o promotor de Reganosa e os que o apoiaron. Poucas e malas noticias poñen vostedes, pero non vexo que lles poñan publicidade o Concello de Ferrol nin os de Adega.