Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

167 lugares incluídos no expediente do BIC da Ribeira Sacra



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



A Deputación de Ourense ten xa publicada na súa web a información planimétrica e xeográfica dos concellos e parroquias deste territorioo. Agora ábrese un período de información pública de tres meses para a consulta dos datos: planos e relación de parroquias e concellos.


O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar -que reactivou a candidatura para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial pola Unesco,- afirma que é “un paso máis cara ao ilusionante logro de acadar este recoñecemento internacional a un dos territorios naturais máis singulares de Europa”.

En 2013 xa comezaran os contactos a nivel local, interprovincial, autonómico e co Goberno do Estado para impulsar este proxecto, que foi movéndose en ámbitos institucionais, científicos, culturais, turísticos e patrimoniais. O pasado 21 de decembro de 2017 a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incoou como BIC, coa categoría de “Paisaxe cultural” á Ribeira Sacra, paso previo para o recoñecemento do valor cultural deste territorio, obra combinada da natureza e o ser humano.

Ábrese agora un período de información pública durante o prazo de tres meses, e que poderá ser feita tamén nos concellos afectados pola declaración, no que a Deputación ourensá pon a disposición dos interesados a información referida. Tamén figura na información o plano da base da área de estudo, os planos da zona de amortecemento (17 planos), os planos de delimitación do BIC (125), e os planos de exoámbitos (26), ademais de datos sobre a superficie xeográfica total que abrangue o BIC e os quilómetros do perímetro delimitado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)