Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os nenos con discapacidade reclaman o seu sitio na empresa do futuro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Fundación ONCE e Inserta Emprego, en colaboración coa Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), lanzan unha campaña co nome de O futuro empeza hoxe”, apelando ao compromiso empresarial para a súa contratación o día de mañá.


No anuncio (http://bit.ly/2CLxJcQ), que se vai distribuír na contorna dixital, un grupo de nenos con discapacidade xogando a ser maiores, disfrazados coa indumentaria habitual das profesións que queren desempeñar cando medren, solicitan en tono positivo e directo que as empresas faciliten a incorporación de traballadores con discapacidade aos seus cadros de persoal, como moitas compañías deste país.

A campaña, apoiada polas 90 empresas e entidades que forman parte de Foro Inserta Responsable, de Fundación ONCE, conta coa colaboración da patronal española, que tamén se quixo sumar a esta iniciativa para sensibilizar sobre a situación que viven os mozos con discapacidade españois, xa que oito de cada dez non teñen traballo.

A iniciativa, desesenvolvida pola axencia de comunicación VCCP Spain, contou coa participación de nenos de 7 a 14 anos con discapacidade física, auditiva, visual e parálise cerebral. A mensaxe que lanzan aos empresarios, transmitido dende unha óptica infantil, é asertivo e contundente, pois instan aos responsables nas empresas a aplicar a lei vixente e a preparar as súas compañías para que cando medren, poidan desempeñar profesións como as de médico, arquitecto, xuíz ou cociñeiro.

Canles

Facebook, YouTube, LinkedIn, Twitter e Google son as canles polas que o audiovisual vai ser distribuído para atraer a novas empresas cara a plataforma de emprego de Inserta, www.portalento.es, na que poden obter información relevante das vantaxes de contratar e apoio para lograr unha efectiva integración laboral de persoas con discapacidade.

A produción deste audiovisual enmárcase nos programas operativos de Inclusión Social e da Economía Social (Poises) e de Emprego Xuvenil (POEJ), que está desenvolvendo Fundación ONCE a través de Inserta, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)