Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As granxas perderon en novembro entre cinco e nove millóns de euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Así o asegura o SLG, que insiste en denunciar que seguen sen cobrar polo leite valores acordes á media europea, mentres a Consellería de Medio Rural comezou o ano cun comunicado que aseguraba somos "a comunidade española na que máis medrou o prezo dende novembro de 2015", por riba de Asturias ou Cantabria.


Pero os datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) de novembro de 2017 contradín os publicados pola Comisión Europea a través do Observatorio do Mercado do Leite (Milk Market Observatory-MMO): mentres que o Fega establece o prezo medio do leite en España en 33,4 céntimos, o dato do MMO é de 31,93.

Máis alá da veracidade ou falsidade dos datos do Fega, dende o Sindicato Labrego Galego lamentan que a Consellería de Medio Rural “teña a pouca vergoña de fachendear dos prezos que cobran as nosas granxas cando no ano que vén de rematar pecharon 400 explotacións e entre 2015 e 2017 a nosa terra ocupou o primeiro lugar no podio do prezo máis baixo do estado e un dos peores de Europa”.

Certo é que o prezo do leite medrou máis poncertualmente aquí que en Asturias e en Cantabria pero mentres as nosas granxas cobraron en novembro unha media de 32 céntimos, segundo os dato do Fega, as asturianas ingresaron 35,2 céntimos por litro e as cántabras 33,2. Se cruzamos os Pireneos, a comparación é peor con prezos medios que superan os 36 céntimos en Francia e Bélxica, ou superiores aos 40 céntimos en Holanda, Alemaña ou Austria. Sabendo que Galicia produciu 165.303 toneladas de leite en novembro de 2017, se as nosas granxas tivesen cobrado o prezo medio das asturianas terían ingresado máis de cinco millóns de euros adicionais do que cobraron por ese mes e se tivesen percibido o prezo medio da Unión Europea o incremento serían eses nove millóns.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)