Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Consorcio da Zona Franca garante 190 millóns de euros de investimento na área de Vigo ata 2021



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Ante as informacións aparecidas onte nun medio local nas que se afirma que Facenda aplicou un novo método para calcular o imposto de sociedades que anualmente percibe este Consorcio do Goberno central -e que está en risco a súa capacidade investidora-, a dirección do Consorcio da Zona Franca deféndese.


Asegura nun comunicado emitido hai dúas horas que, se ben é certo que hai un mes a Inspección de Servizos do Ministerio de Facenda realizou un informe no que constataba a diminución de ingresos entre 2015 e 2016, “sobre este punto este Consorcio xa solicitara información en marzo á Axencia Tributaria, quen explicouno perfectamente". Nun escrito do 4 de abril, aseguraba que non se debía a un cambio de metodoloxía senón que debíase a que Citroën optara por presentar a súa declaración do Imposto de Sociedades de 2015 agrupando máis sociedades que as que agrupaba antes.

O Recurso Financeiro do CZFV calcúlase aplicando á cota para ingresar polo Imposto sobre Sociedades de cada exercicio, a porcentaxe que representa o volume de operacións que a sociedade realiza dentro do recinto do CZFV sobre o total do volume de operacións ao que se lle engade o importe correspondente a outros ingresos de explotación, seguindo idéntico criterio de cálculo que en anos anteriores. As alteracións nas cantidades globais do recurso financiero, asegura o consorcio “que é algo habitual".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)