Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Chaman aos afectados da AP-6 a demandar ao Estado e á concesionaria da autoestrada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



O presidente da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga), Manuel Pérez Arias, fíxolles onte un chamamento a “poñerse en contacto coa asociación para reclamar polos danos e prexuízos que puideron sufrir como consecuencia do colapso” do sábado e domingo.


Sería este o paso previo para poder presentar “unha demanda por responsabilidade patrimonial da Administración do Estado, ampliando a reclamación á concesionaria” da AP-6, Iberpistas, segundo explica o secretario de Acouga, o avogado Xoán Antón Pérez-Lema. O letrado lembra que son o Estado, como titular da rede viaria, e Iberpistas, como empresa concesionaria responsable do seu axeitado mantemento e explotación, os que deben resarcir aos usuarios polos danos económicos e persoais que tiveron que soportar polo peche da autoestrada e, en especial, polo tempo que permaneceron atrapados nela.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)