Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 38% das contratacións por Nadal quedan na empresa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



As contratacións temporais poden ser a antesala para o contrato permanente porque son unha oportunidade para que as compañías coñezan ao empregado. En casos nos que non poden ofrecer continuidade, as empresas volven recorrer a eles despois para cubrir un posto ou como reforzo, e acaban quedando.


En 2017 incorporáronse numerosos perfís cualificados de todos os niveis, tanto novos con potencial, como candidatos con experiencia que son moi resolutivos e poden achegar coñecementos á empresa. Entre os perfís cualificados máis solicitados este último Nadal atópanse o dixital, con profesionais en márketing, ecommerce e social media, o administrativo en áreas de loxística, apoio a departamentos comerciais, e atención ao cliente.  Tamén medrou o emprego no sector inmobiliario resultado da recuperación do sector, e no persoal de recepción para cubrir as vacantes durante as vacacións.

PageGroup, consultora de emprego cualificado, afirma que este ano o número de contratacións aumentou un 16% respecto do ano anterior, e que un 38% dos profesionais cualificados manteñen o seu posto ao final deste período sobre todo, nas grandes cidades, como Madrid e Barcelona, debido á súa maior concentración de empresas. Ademais, nos dous últimos anos, a situación da maioría de empresas mellorou, motivo polo que o número de proxectos viuse incrementado.  As compañías adoitan empezar o proceso de selección de persoal para Nadal entre setembro e outubro, e dura ao redor un mes. E é unha realidade que se dá tanto en empresas multinacionais como en pequenas e medianas empresas. “O período de Nadal serve para moitas empresas como período de proba para, nun futuro, incorporar persoal cualificado aos seus persoais. É unha tendencia que vimos observando nos últimos anos” afirma Iñigo Fernández, Director de Page Personnel.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)