Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O fogar medio español destina o 44% do recibo enerxético a quentar a vivenda en inverno



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Unha vivenda tipo consome ao ano, de media, 500 euros en calefacción; aínda que pode duplicarse nas vivendas máis grandes, antigas ou menos eficientes. A esta análise feita pola comercializadora Aldro Enerxía o seu director xeral, José F. González Payno engade que supón “un 50% máis ca refrixerar nos meses de máis calor”.


Os 500 euros poden duplicarse facilmente no caso das vivendas máis grandes, especialmente nos chalés unifamiliares nos que se consome maioritariamente gasóleo C. E tamén unha cifra que podería reducirse en preto de 100 euros.

Aldro Enerxía, a comercializadora cántabra que, tres anos despois da súa fundación, supera xa os 80.000 clientes en España e Portugal, resumiu as “Seis craves para reducir o gasto en calefacción dos fogares, sen perder calor nin confort”. Estas son as súas conclusións:

Cos primeiros fríos, a purgar os radiadores. Ao non purgar a auga quente non circula correctamente polo circuíto, o que nos obrigará a subir a temperatura da calefacción e consumir máis enerxía, co consecuente gasto.

Un mal illamento é o culpable da perda de calor. As fugas de calorías a través de portas exteriores e xanelas é un dos casos máis frecuentes de perda de enerxía. Con todo, é precisamente una das carencias máis sinxelas e económicas de solucionar. Desde os burletes ou cinta de material illante, ata alfombras ou zócalos axudarán a reter a calor interior.

Aproveitar ao máximo as horas de sol. No inverno é importante baixar as persianas durante a noite para protexer a vivenda do frio e aproveitar ao máximo as horas de sol deixando entrar os raios a través do cristal.

Con 10 minutos, a vivenda estará ben ventilada. Desde logo é importante ventilar as casas tanto no verán como no inverno. Pero, 10 minutos será suficiente para renovar o aire, sen perder a calor interior.

Non utilizar os radiadores de tendedeiro. Ao tapalos ou apoiar a roupa mollada sobre eles, a vivenda sofre unha importante perda de calor. Tamén é recomendables que, se temos unha habitación destinada a visitas ou con pouco uso, ou imos estar uns días fóra de casa, pechemos os radiadores que non sexan necesarios.

Imprescindible un correcto mantemento da caldeira. Un elemento do que ninguén se acorda mentres funciona. Con todo, a falta de mantemento provoca facilmente escapes ou avarías que adoitan saír moi caros. Estes son os principais motivos polos que gastamos máis recursos en enerxía do que necesitamos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)