Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a terceira rexión que máis alumnos achega ao Young Business Talents



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Con 1.393 estudantes pertencentes a 52 centros terá unha ampla representación neste business game no que os mozos teñen que dirixir a súa propia empresa por Internet para convertela na máis próspera do mercado.


Un total de 10.461 estudantes de 438 centros docentes de toda España participan na sétima edición do programa educativo de simulación empresarial Young Business Talents, co obxectivo de converterse nos mellores empresarios virtuais do país. Estes datos supoñen un incremento de 1.003 novos alumnos con respecto ao ano anterior no que participaron 9.458, sendo a edición con máis representación de estudantes ata a data.

Organizado por Nivea e ESIC, este business game consolídase tras sete anos como o único proxecto de gamificación práctica e empresarial presente nos centros docentes. Desta forma, permite aos mozos dirixir as súas propias empresas en Internet co uso de simuladores virtuais. Por diante de Galicia, as comunidades autónomas que máis representación teñen nesta nova edición son Cataluña con 1.737 alumnos e Andalucía con 1.701.

Os máis de 10.000 alumnos que participan no programa terán que competir durante todo o curso escolar 2017/2018 en diferentes fases online dende as aulas ata chegar á final presencial, que se celebrará en abril en Madrid. Para iso incorporáronse nos centros docentes avanzados simuladores de terceira xeración desenvolvidos pola empresa Praxis MMT. Deste modo, os estudantes terán que poñer en práctica os seus coñecementos teóricos co uso deste laboratorio experimental, co que aprenderán a xestionar e dirixir as súas propias empresas en Internet dunha maneira dinámica.

Así, o programa poreséntalles diferentes situacións que reproducen con exactitude o comportamento de empresas reais. Para iso teñen que tomar as mellores decisións que engloban as áreas de produción, finanzas, recursos humanos e marketing, para que a súa empresa de consumo masivo se converta na máis próspera e competitiva do mercado.

Experiencia case real

“Con este business game, os alumnos viven unha experiencia case real da economía e experimentan máis de preto a iniciativa emprendedora á vez que melloran o seu curriculum vitae. Desenvolven habilidades, competencias e actitudes construtivas que lles axudarán no seu futuro académico e laboral. É unha forma de incorporar nas aulas a aprendizaxe experiencial mediante a práctica achegando factores lúdicos e motivadores as alumnos”, explica Mario Martínez, director de Young Business Talents.

Os participantes, alumnos de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, competirán a nivel rexional e enfrontaranse aos mellores de cada rexión na final nacional. Entre os mellores equipos repatiranse is de 14.000 euros en premios, así como diplomas acreditativos para aqueles que superen a fase online.

Na pasada edición, 348 estudiantes de 78 centros docentes de toda España competiron na final presencial. Finalmente, os alumnos do equipo ‘SEP’ do Instituto San Tomé De Freixeiro, de Pontevedra, alzáronse alzaron coa vitoria e convertéronse nos mellores empresarios virtuais do país.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)